Partido Popular de Lugo

O PP de Chantada mantén na súa candidatura ao núcleo do actual goberno e incorpora mozos e mozas para avanzar no desenvolvemento do proxecto popular para o municipio

Chantada,  6 de maio de 2023. O PP concorre ás eleccións locais que se celebrarán o próximo día 28 cunha lista que conserva practicamente sen cambios o núcleo doactual goberno, porque nos sete primeiras prazas so cambia a sétima, que agora ocupa Belén Vázquez Caseiro. O candidato a repetir na alcaldía, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, indica que a candidatura popular mestura a experiencia que representan os que xa formaron parte do goberno local coa frescura das novas incorporacións, mozos e mozas dispostos a traballar arreo por Chantada. Na presentación da candidatura participou, entre outros, José Manuel Barreiro (senador). É unha lista, segundo sinala Manuel Lorenzo Varela, amplamente representativa tanto da vila como das parroquias, deseñada para avanzar no desenvolvemento do proxecto popular para este concello.

O candidato a repetir na alcaldía di que un dos obxectivos para o próximo mandato é a ampliación do solo industrial, para o que xa está en elaboración un estudo. O alcaldable destaca que lle gustaría que o novo solo industrial estivera nas inmediacións da N-540, para que servira como escaparate da industria chantadina.

En materia de estradas, Manuel Lorenzo Varela quere que o próximo mandato quede completada a pavimentación con aglomerado asfáltico de toda a rede municipal. Desta maneira, a calidade das vías é moito máis alta e o Concello verá reducido o gasto en mantemento. Explica que neste momento están en marcha obras viarias correspondentes a varias anualidades, porque as dos anos 2021 e 2022 víronse retrasadas porque inicialmente quedaron desertas e foi preciso incrementar en case un 30% os orzamentos.

Do mandato que termina, Manuel Lorenzo Varela di que foi moi importante en canto a investimentos, conseguidos unha gran parte deles da Xunta de Galicia. Destaca que mentres a Administración autonómica demostrou amplamente o seu compromiso con Chantada, a Deputación mantivo en estado lamentable as súas estradas ao seu paso polo concello de Chantada. Aludiu tamén as obras da biblioteca, que logo entrarán na segunda fase, e a compra dun edificio para rehabilitalo como ampliación dos espazos administrativos do Concello. Igualmente, os membros da lista popular traballarán para conseguir unha nova zona deportiva, con campo de fútbol e pistas de atletismo.

Pola súa parte, José Manuel Barreiro, puxo en valor a capacidade de xestión do candidato á alcaldía e lembrou o tesón co que defende os intereses de Chantada, no só como responsable do Concello senón tamén na súa condición de senador. Lembrou iniciativas levadas a cabo para reclamar a autovía de Ourense e o amaño da N-540.

Barreiro destacou a importancia de Chantada e do partido xudicial e avisou de que o PP non pode renunciar a conseguir o segundo deputado por esta zona, que pode ser peza decisiva para que o PP goberne na Deputación. Por outro lado, puxo de manifesto o abandono a que somete Chantada o Goberno central, presidido polo socialista Pedro Sánchez, claramente reflectido no estado de abandono, intransitable, no que se encontra a N-540 e a paralización dos planes para a construción da autovía Lugo-Ourense. Indicou que aínda que as do próximo día 28 son eleccións locais, votar ao PSOE e dar apoio a Pedro Sánchez e as políticas que tanto dano están facendo a España, a Galicia e a Lugo. Neste sentido, Barreiro apelou ao voto útil, e dixo que o único voto útil é o que se dea ao PP, tanto para conseguir un goberno con maioría en Chantada como para recuperar o goberno da Deputación provincial.

A LISTA, NOME A NOME

1.-Manuel Lorenzo Varela Rodríguez

2.-Manuel Diéguez Carballo

3.-María Cándida Carnero Blanco

4.-Diego Otero Veiga

5.-Pamela Fernández Águila

6.-Juan Alberto Diéguez Fernández

7.-Belén Vázquez Caseiro

8.-Luis Fernández Francisco

9.-Patricia Vila Lamazares

10.-Iván Quintana Vázquez

11.-Rosa María Eiriz López

12.-Ana González Vilela

13.-Ramón Fernández Reinoso

Suplentes

1.-Francisco Javier Rodríguez Medela

2.- Erica Fernández Ledo

3.-Nerea Carballo Alonso

4.-Rubén Vázquez Doval

5.-David Fernández Fernández

6.-MaríaElba Gómez Vázquez

7.-JoséPastor Lorenzo Taboada