Lugo, 5 de maio de 2023. O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, acompañará ao candidato nas eleccións municipais do PP de Cervantes, Óscar Fernández, o primeiro sábado de campaña.
A cita será na III Feira en defensa do gandeiro da Montaña, un evento de exposición e venda de gando, maquinaria agrícola e vehículos que este ano ten lugar o 13 de maio.
As liñas xerais da programación do líder do PPdeG de cara ao 28-M déronse a coñecer hoxe na sede autonómica dos populares galegos e, neste marco, desde o PPdeG quixeron salientar esta aposta de Rueda polo rural e en concreto pola Montaña o segundo día de campaña, cunha visita ao concello de Cervantes.
APOIO DE RUEDA AO TERRITORIO LUCENSE
Á aposta por esta comarca sumaránselle numerosos actos no resto da provincia entre os máis de 70 que ten programados o presidente de aquí ao día dos comicios locais, o que corrobora o apoio que Rueda fai en territorio lucense.