Bóveda, 4 de maio de 2023. A experiencia dos que mellor coñecen o territorio e os problemas dos veciños xunto ás ideas frescas dos mozos e mozas que inician a súa andaina neste equipo de traballo da política local. Esta é a mestura que ofrece a candidatura do PP de Bóveda para as eleccións locais que se celebrarán o próximo día 28, segundo explica o aspirante a repetir na alcaldía, José Manuel Arias López.
Arias afirma que a candidatura popular de Bóveda é “un equipo firme”, integrado por veteranos eficaces na xestión local, que “son os que mellor coñecen todo o territorio e tamén os problemas a resolver que hai en Bóveda”.
O alcaldable popular asegura que a lista integra “caras novas, mozos e mozas”, que aportan ideas e que servirán aos seus veciños ao lado dos veteranos.
Este “equipo firme” ten obxectivos moi claros, entre os que figura o impulso da creación de máis solo industrial e doutras medidas que sigan favorecendo a creación de emprego no municipio e tamén atraendo aínda máis empresas. O próximo mandato, sinala o alcalde e aspirante a repetir no cargo, ten que ser “o de potenciar ao sector agrogandeiro”.
José Manuel Arias anuncia que, se volve a desempeñar a alcaldía, xestionará “a mellora dalgúns servizos municipais”.
A LISTA NOME A NOME
1 José Manuel Arias López; 2 José Luis Rivera Saco; 3 Cristina Juíz López; 4 Dionisio Blanco Rubiños; 5 Natividad Rodríguez López; 6 Francisco Javier Domínguez López; 7 Cintia Vidal López; 8 Diego Gómez Rodríguez; 9 Flor Alba Cao Vázquez
Suplentes:
1 Iban Rodríguez Puente; 2 Patricia López López; 3 Luis José Senra López; 4 Alba Fernández Martínez; 5 José Manuel Carballo Pérez; 6 María Belén Pérez Rodríguez; 7 Manuel Sarmiento López; 8 Vanesa López González; 9 Jesús Pérez Barciela; 10 Patricia Rivera Lorenzo