Partido Popular de Lugo

O PP de Antas de Ulla presenta a un equipo “para seguir gobernando en favor dos nosos veciños”

Antas de Ulla, 4 de maio 2023. O Partido Popular de Antas de Ulla presenta a candidatura coa que concorrerá nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. O actual alcalde, Javier Varela, destaca que a lista confórmana “un equipo de persoas preparado para seguir gobernando en favor dos nosos veciños, con experiencia e formación en distintos eidos de relevancia para nós”.

A lista, que está composta por 15 persoas, ten unha representación de distintos eidos con relevancia para o municipio e experiencia na xestión de recursos. “Queremos aspirar a revalidar a alcaldía e seguir traballando por e para Antas de Ulla e dar resposta ás necesidades da xente como xa fixemos durante todos estes anos e especialmente na pandemia”, di Varela.

Por outra banda, co seu proxecto político Varela pretende seguir impulsando proxectos de calado para o municipio da man da Xunta de Galicia como é a reforma da residencia e a construción do novo centro de saúde.

CANDIDATURA COMPLETA

1 Javier Varela Pérez

2 José Robustiano Taboada Frías

3 José Luis García Cabanas

4 Luis Alberto Galego Carnero

5 Armando Cagide González

6 Santiago Sarandeses Vila

7 María Guerra Portomeñen

8 Ernesto Val Vázquez

9 Luis Ouro García

Suplentes

Alicia González Rodríguez;

José Ángel López Otero

José Antonio Almuíña Seoane

José Luis Lamazares García

José Manuel Seijas Pérez

Gonzalo Gabino Sánchez Vilariño