O Páramo, 4 de maio de 2023. A candidatura do Partido Popular no Páramo de cara ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio, liderada polo alcalde José Luís López, defínese como “un equipo representativo das distintas parroquias do noso concello” que conta con “xente traballadora e nova”. Tendo en conta a importancia do sector gandeiro para O Páramo, “a lista conta tamén cunha ampla representación”, explica José Luís López.
O candidato apunta tamén que a lista contempla “unha integración” entre membros de Todo polo Páramo e do Partido Popular local co obxectivo de “traballar entre todos para conseguir melloras para o municipio dende o goberno local”.
De feito, entre as iniciativas que a candidatura do PP recolle no seu programa electoral atópase a construción dunha residencia de maiores e centro de día, as xestións para construír un polígono industrial, mellorar o servizo de abastecemento de auga, conservar e mellorar as estradas municipais, afondar no aforro enerxético do alumeado público ou implantar o acceso a Internet con fibra en todo o municipio.
Así mesmo, os populares apostan por “implantar o programa Xantar na Casa, reforzar o Servizo de Axuda no Fogar, ofrecer servizos de fisioterapia e podoloxía, promover o servizo madrugadores para atender aos nenos e nenas antes da hora de inicio da xornada escolar, construír un parque infantil, continuar coas actividades extraescolares e de ocio, ofrecer clases de reforzo escolar, promover o uso da biblioteca e impulsar actividades culturais e rutas de sendeirismo”.
CANDIDATURA AO COMPLETO
1. José Luís López López. Técnico de telefonía (Vilasante)
2. Benjamín García Toirán. Gandeiro (Grallás)
3. Verónica Arias López. Encargada de departamento laboral nunha asesoría (Neira)
4. Ana Castaño Doce. Gandeira (Friolfe)
5. César Gay Chousa. Traballador dunha empresa láctea (Saa)
6. Encarnación García López. Empregada da administración pública (Adai)
7. María Luisa Fernández Fernández. Sanitaria (Paredes)
8. José Manuel López López. Técnico de electricidade (Piñeiro)
9. Luis Díaz Rodríguez. Gandeiro (Gondrame)
Suplentes:
Juan López Rodríguez. Gandeiro (Friolfe)
Yolanda Neira García. Empregada da administración pública (Vilarmosteiro)
María Armesto Rejo. Oficial administrativa (Cendoi)
Manuel López López. Perito xubilado (Neira)
Iria López López. Traballadora dunha empresa de recoñecementos psicotécnicos (Vilar)