Partido Popular de Lugo

O PP comprométese a «traballar para poñer a Meira no lugar que lle corresponde»

Meira, 3 de maio de 2023. “Compromiso de traballo por poñer a Meira no lugar que lle corresponde” é o que define á candidatura do Partido Popular que encabeza Óscar Fernández. “Somos un equipo preparado para gobernar, multidisciplinar, con formación e experiencia profesional en ámbitos de especial relevancia para Meira como son o empresarial, o rural, as infraestruturas ou o sanitario e que combina xuventude e experiencia”, incluso conta co apoio de dous ex alcaldes.

“Somos persoas que facemos a nosa vida en Meira e con inquedanzas sobre o futuro dos nosos nenos -de feito, moitos de nós somos pais-, as oportunidades laborais e de vivenda para asentar familias mozas e a atención aos nosos maiores”, incide o alcaldable.

Nesa liña, lembrou que “temos toda a ilusión e a disposición para desenvolver en Meira un proxecto de futuro”. Entre outros obxectivos, os populares márcanse a aprobación do PXOM que permita a creación de vivenda nova e favoreza o asentamento de poboación, a ampliación do polígono para favorecer a creación ou ampliación de empresas que creen postos de traballo en Meira e a dotación de servizos básicos á zona rural -traídas, mellora das vías de comunicación, acceso a Internet- xunto ao impulso de procesos de reorganización das parcelas agrarias. Igualmente, o Partido Popular defende a mellora dos servizos sociais, a potenciación do turismo e a dinamización da vida cultural e deportiva de Meira como capital de comarca para que sirva como revulsivo para o comercio e a hostalería locais.

CANDIDATURA

1.Óscar Fernández Fernández

2. Sonia Folgueira Bouso

3. Enrique Castro Castro

4. Emilio Costa Soto

5. Carlos Gómez Castañal

6. Román Castro Blanco

7. Ramiro Pérez Freijo

8. María del Rocío Couso Fernández

9. Rosendo Folgueira Valle (Chendo)