O Valadouro, 2 de maio de 2023. “As festas patronais de Ferreira volverán a celebrarse na praza do pobo se o Partido Popular ten a oportunidade de gobernar a partir do 28 de maio”. Así o manifestou o candidato popular á alcaldía, José Manuel Lamela, atendendo á vontade da maioría dos veciños e veciñas: “É o sitio onde sempre se fixeron e onde a xente quere que se volvan facer”, incide.
Lamela considera que “celebrar as festas do 8 de setembro no centro do pobo contribuirán a dar vida ao centro de Ferreira e tamén a dinamizar os negocios do pobo”.
O Partido Popular, que se presenta como a única alternativa aos “desgobernos da esquerda”, aposta por potenciar ao longo do ano o centro, como é a praza de Ferreira.