Partido Popular de Lugo

O PP de Triacastela opta polo continuísmo na súa candidatura para as eleccións locais, “para seguir medrando” e completar o proxecto popular para este concello

Triacastela, 01 maio 2023. O PP de Triacastela concorre ás eleccións locais que se celebrarán o próximo día 28 cunha candidatura continuísta, na que só cambian os suplentes. A candidata a repetir na alcaldía, Olga Iglesias, explica que os populares apostan no seu concello “pola continuidade para seguir medrando e completar o proxecto do PP”.

Iglesias Fontal sinala que para o novo mandato os retos céntranse nas tres grandes liñas de traballo que protagonizaron estes anos a política do goberno popular neste concello. Trátase, di a alcaldesa e de novo alcaldable, de seguir avanzando na dotación de servizos e infraestruturas; a este respecto, destaca que se incidirá na mellora das vías de comunicación e das traídas de auga.

A outra liña de traballo á que os populares seguirán prestando especial atención é a dos servizos sociais. A terceira liña é a do fomento do turismo, vinculado de maneira moi estreita ao Camiño de Santiago.

A LISTA NOME A NOME

1.- María Olga Iglesias Fontal

2.- Bautista Arias Pombo

3.- Óscar Fontal Caldeiro

4.- Luis López Arias

5.- José Manuel Gayo Fontal

6.- Raquel Vilarín Díaz

7.- Senén Fernández Argiz

Suplentes:

8.-Sara Ruiz Rubio

9.-Laura López López

10.-José Eduardo López Cordeiro

11 Luis López López

12 Manuel Pérez López