Partido Popular de Lugo

Olga Capón presenta a un equipo «multidisciplinar, representativo das zonas do municipio e disposto para formar un goberno que transforme Láncara»

Láncara, 28 de abril de 2023. O Partido Popular presenta a súa candidatura en Láncara como “un equipo unido, multidisciplinar, representativo das distintas zonas do municipio e disposto para formar un goberno que transforme o noso concello”. Durante o acto de presentación que contou coa participación do responsable de Sanidade do Goberno galego, Julio García Comesaña; o secretario xeral do PP lucense, Javier Vázquez Nodal; e o coordinador xeral, José Manuel Balseiro; a alcaldable, Olga Capón, explicou que a candidatura conta con “10 homes e 7 mulleres de idades entre os 28 e 77 anos, combinando xuventude e experiencia en distintos sectores, persoas traballadoras e emprendedoras, con ganas de aportar e moi implicadas cun proxecto serio, adquirindo un compromiso con Láncara”, remarcou.

O compromiso do PP en Láncara “é de longa duración” porque “temos proxecto non só para gañar as eleccións; senón para mellorar Láncara dende o goberno local a través de iniciativas dirixidas a dinamizar a economía, a vida social e garantir servizos aos veciños de tódalas parroquias”. E todo isto, “xestionando as cuestións do día a día e atendendo ás oportunidades que se presenten e poidan beneficiar ao noso concello, tendo en conta que está moi ben comunicado e que conta tamén con moitos recursos”.

A dirección provincial do PP -representada no acto polo secretario xeral, Javier Vázquez Nodal, e o coordinador xeral, José Manuel Balseiro- subliñou que “aspiramos a recuperar a alcaldía que durante moitos anos estivo en mans do Partido Popular”. En relación aos últimos anos, sinalaron que “Láncara foi noticia polo que non fixo o goberno local socialista, polas súas liortas; e non polas inversións e melloras para os veciños do municipio”. Nese sentido, defenderon que “só un goberno do PP volverá darlle a Láncara o esplendor que merece”.

O responsable de Sanidade do Goberno galego sinalou, pola súa banda, que “mentres o PP se preocupa por dar solucións aos problemas que presenta a sanidade pública en todo o Estado, o partido do alcalde de Láncara vota en contra porque lle interesa que non se arranxen para non estragar o seu discurso”. Nese sentido, García Comesaña explicou que “o PSOE, e tamén o BNG, votaron en contra dunha lei aprobada polo Parlamento de Galicia que permite a incorporación de médicos por concurso de méritos; xa que o Goberno de Pedro Sánchez non toma medidas para formar máis médicos de familia”. De feito, socialistas e nacionalistas tamén votaron en contra desta petición de distintas comunidades autónomas trasladada polo PP ao Congreso. E tamén votaran en contra do maior orzamento de Galicia para Sanidade”. E falando dos centros de saúde dos concellos do rural, García Comesaña lembrou que “nesta lexislatura investimos máis de 50.000 euros no centro de saúde de Láncara en melloras na fachada, e no cambio de cuberta que faremos no segundo semestre do ano”.

CANDIDATURA

A candidata á alcaldía, Olga Capón, sinala que “a candidatura leva xente de varias parroquias” para “contar con representantes das distintas zonas do municipio”. De feito, os cinco integrantes que a seguen na lista representan a cada unha das cinco mesas electorais do concello”. E, nos seguintes postos, tamén nos suplentes, se volve dar esa representatividade.

A lista ao completo é a seguinte:

1 Olga Capón Moreno. Diplomada en Relacións Laborais con ampla experiencia profesional en recursos humanos e xestión administrativa. Bande

2 Marcos Míguez Martínez. Armea

3 Luís Miguel Losada Matos. Galegos

4 Susana Ungría Toirán. A Pobra de San Xiao

5 José Antonio Somoza Fernández. Villouzán

6 Manuel Neira Martínez. Vilarello

7 Óscar José Iglesias Sangíl. Villarín

8 José Luís López Armada. Láncara

9 Patricia López García. Viládiga

10 Carlos López Díaz. A Pobra de San Xiao

11 Melanie Rivera Fariñas. Trascastro

Suplentes:

José Luís Vila Díaz. Ronfe

Lorena Vázquez Tallón. A Cortella

Susana Capón Mera. Reboredo de Bande

Óscar Pérez Díaz. Armea de Arriba

Manuel Capón Amado. Reboredo de Bande

Margarita Iglesias Ventosinos. A Pobra de San Xiao