Partido Popular de Lugo

O PP de Barreiros concorre ás eleccións cunha candidatura amplamente renovada, con marcado carácter sociosanitario e vocación de traballo para mellorar a calidade de vida dos veciños

Barreiros, 28 de abril de 2023. O Partido Popular presenta en Barreiros ás eleccións locais que se celebrarán o 28 de maio unha candidatura amplamente renovada, cargada de ilusión e con profunda vontade de traballo ao servizo dos veciños. Así a define o candidato á alcaldía, José Manuel Gómez Puente, que explica que, dos 19 integrantes da lista, 15 son de nova incorporación.

O alcaldable destaca que na súa candidatura hai máis mulleres (10) que homes (9). Igualmente, pon de relevo o feito de que 8 das persoas que integran a lista teñen formación sociosanitaria, un aspecto relevante para un proxecto político -di Gómez Puente- que ten na súa folla de ruta como asunto prioritario a mellora dos servizos sociais no municipio.

Gómez Puente sinala: “Somos homes e mulleres que temos moitas ganas de traballar para mellorar a calidade de vida dos veciños de Barreiros; sabemos como mellorar os servizos que presta o Concello e temos vontade de chegar a acordos para conseguir recursos doutras administracións. Somos un equipo con moita ilusión e decisión para mellorar as cousas no concello de Barreiros e, se gobernamos, empezaremos a facelo dende o primeiro día”.

O alcaldable popular asegura que el e os que o acompañan na lista centrarán “todo o esforzo en conseguir investimentos e servizos para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”.

Dende a dirección provincial do PP sinalan que o goberno local de Barreiros, nestes catro anos, só destacou “polo que dixeron que ían facer e que non fixeron. Nin foron capaces de manter o que deixamos feito”. A dirección popular di que “Barreiros foi coñecido estes anos polo retroceso que sufriu; os veciños teñen agora unha oportunidade de comparar o que foi a xestión do PP coa destes que pasaron catro anos a velas vir”

A LISTA NOME A NOME

1. José Manuel Gómez Puente

2. María Ramona García de Gabriel

3. Pablo Posada Rocha

4. María del Mar Sante García

5. Manuel Alonso Díaz

6. María Leticia Fernández Rey

7. Laura López Paz

8. Carlos Pérez Martínez

9. Iván Otero Lende

10. Catalina Alvite Carreira

11. María Ángeles Sanjurjo Bermúdez

Suplentes

1. María Silvia Fernández Martínez

2. Sonia Outes Rúas

3. Paulino Loban Rodríguez

4. Yasmina Fernández Rivas

5. José Manuel García de Gabriel

6. Concepción Fernández Iglesias

7. Evencio Rocha Moreda

8. Juan Bautista Vila Lanzós