- O candidato do PP á alcaldía de Cervantes asegura sentirse “moi animado, ilusionado e con moitas ganas” ante o reto de encabezar a candidatura do Partido Popular no seu concello; pero tamén recoñece que “é inevitable non estar algo nervioso”
- Tamén é coñecido como Óscar San Pedro polo nome do seu pobo – San Pedro de Cervantes-, do que asegura sentirse “moi orgulloso”; igual que do seu traballo como xefe de brigada de bombeiro forestal. “Dende pequeno xa me entusiasmaba axudar e traballar no medio rural” e ter conseguido este traballo, “faime sentir satisfeito”; sobre todo, cando “se consegue salvar un pobo ou a propia natureza”.
- De Cervantes “encántame todo: empezando pola xente -de feito todos os que nos visitan din que os acollemos cos brazos abertos- e terminando polas paisaxes”.
- Tendo en conta o potencial turístico vinculado á natureza, bota en falta “o desenvolvemento do sector servizos. É unha mágoa que coas rutas de sendeirismo que hai en Cervantes, o goberno local non apostara nada en 30 anos polo turismo”.
- Unha das propostas do Partido Popular para Cervantes é “converter o colexio de Donís nun albergue xuvenil” que complemente aos negocios hoteleiros locais que non alcanzan para cubrir a demanda en aloxamentos.
- O candidato popular defínese, no persoal, como “unha persoa fiel, sincera e moi amiga dos meus amigos. De feito, iso é o que máis valoro nos demais: a sinceridade”.
- O deporte é unha das súas paixóns. “Encántame o fútbol dende cativo e agora estou xogando en veteranos. No pouco tempo que teño libre tamén me gusta facer rutas de sendeirismo. De feito, en Cervantes temos das mellores rutas que hai en Galicia”.
- Tamén lle gustan moito o cine e as series. “Son un namorado das series galegas como Matalobos, Mareas Vivas ou Pratos Combinados. Tráenme recordos gratificantes de cando me sentaba a velas con meus pais e meus irmáns”. Falando de películas, asegura que “son moito de sensacións e Gladiator deixoume marcado”.
UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE CERCA AOS CANDIDATOS
- O pódcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia
- A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños podan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, máis alá de discursos políticos e ideoloxías
Estas son as redes onde está dispoñible o pódcast en Primeira Persoa:
Facebook: https://www.facebook.com/ppdegalicia
Twitter: https://twitter.com/ppdegalicia
Instagram: https://www.instagram.com/ppdegalicia
Youtube: https://www.youtube.com/@ppdegalicia
iVoox: https://www.ivoox.com/podcast-en-primeira-persoa_sq_f11835326_1.html