Partido Popular de Lugo

O PP de Becerreá presenta unha candidatura «renovada pero tamén con xente con experiencia na política municipal»

Becerreá, 26 de abril de 2023. O candidato do Partido Popular á alcaldía de Becerreá, José Fernández Carrete, presenta a lista que encabezará para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio cunha candidatura renovada. Neste sentido, Carrete destaca a ilusión e as ganas de traballar do grupo que “está formado por persoas implicadas co proxecto e con Becerreá”. A lista está composta por xente con experiencia en distintos eidos que conxuga coas ideas que o candidato ten para o municipio.

O alcaldable aposta pola renovación a través de persoas “moi cualificadas e con moita vinculación co municipio pero tamén con xente que xa estivo na política municipal”. Neste sentido, Carrete alude ao número 6 da lista, Ramón Núñez Fontal, que foi primeiro tenente de alcalde durante a época do goberno do PP en Becerreá.

LISTA COMPLETA

A lista completa coa que a formación popular deste concello concorre ás eleccións municipais do 28 de maio é a seguinte:

Titulares:

1-José Fernández Carrete – Bombeiro Forestal.

2-Francisco Javier Fernández Fernández – Funcionario.

3-Pascual Fernández García – Empresario.

4-Raquel Fernández López – Enxeñeira técnica naval, axente de seguro e mestra de autoescola.

5-Rocío Fernández Fernández – Empregada de cadea de alimentación.

6-Ramón Núñez Fontal – Autónomo.

7-Manuel González Vilela – Licenciado en ADE e membro do comité de dirección de NNXX na provincia de Lugo.

8-Johanna Rodríguez Santín – Traballadora de incendios e estudante de Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural en Becerreá.

9-José Luis Gutiérrez Díaz – Bombeiro forestal.

10-Paula Fernández Fernández – Administrativa.

11-Miguel Ángel Cela González – Enxeñeiro superior de montes.

Suplentes:

1-José Fernández Armada

2-Gerardo Fernández Fernández

3-Sonia Prados Gómez