Partido Popular de Lugo

Carlos Armesto lidera unha candidatura «para consolidar ao Saviñao como concello referente da Ribeira Sacra»

O Saviñao, 26 de abril de 2023. O candidato do Partido Popular á alcaldía do Saviñao, Carlos Armesto, lidera unha candidatura “para consolidar a este municipio como un concello referente da Ribeira Sacra”. Así de “ilusionado” o manifesta o alcaldable, que indica que “a vontade de todos é a de seguir traballando para dar máis servizos aos veciños nos próximos catro anos”.

Deste xeito, Armesto agradece a todos os membros da lista que “me acompañen neste compromiso que implica un contrato directo cos cidadáns de cara a traballar dende a responsabilidade e a entrega para culminar os proxectos que dende a entidade local están en marcha e de seguir buscando alianzas para traer máis investimentos ao noso concello”.

“Son homes e mulleres dos que me sinto profundamente orgulloso, pois sei que non só representan a un proxecto político e a un partido político, senón que destacan pola súa entrega ao noso pobo e, en consecuencia, aos nosos vosos veciños”. Neste senso, engade: “Considero que esta é unha máxima que, como representantes públicos, sempre temos que priorizar por riba de todo”.

LISTA COMPLETA

A lista completa coa que a formación popular deste concello do sur da provincia concorre ás eleccións municipais do 28 de maio está formada por 11 titulares e 10 suplentes. Trátase dun equipo que representa aos principais sectores económicos, culturais, deportivos e sociais do municipio. Constitúen, en palabras de Armesto, “a mellor representación do Saviñao e para O Saviñao”.

A candidatura ao completo é a seguinte:

Titulares:

  1. Juan Carlos Armesto Quiroga
  2. Beatriz Rois Castro
  3. Joaquín González González
  4. María del Carmen Expósito González
  5. Jorge Eugenio Rodríguez Álvarez
  6. José López Díaz
  7. Sonia García Rodríguez
  8. Miguel Teijeiro Rodríguez
  9. Jorge Rodríguez Rodríguez
  10. Noelia Varela Casanova
  11. Cristina López Vázquez

Suplentes:

  1. Manuel Expósito Vázquez
  2. José Alipio Curto Méndez
  3. Josefa Vázquez Fernández
  4. Patricia Paradela Gómez
  5. María Luisa Mariño Fernández
  6. Ana Belén López Losada
  7. Carlos Guitián Cómez
  8. Manuel Regal Sánchez
  9. Victor Manuel Fernández López
  10. Raquel Amorín Rodríguez