Partido Popular de Lugo

Susana Fernández súmase ás novas incorporacións do PP de Burela de cara ás eleccións municipais

Burela, 24 de abril de 2023. O candidato, Manuel Rouco, está a dar a coñecer as persoas que se están sumando ao proxecto do Partido Popular para Burela. Nesta ocasión, agradece a implicación de Susana Fernández, “unha veciña de Burela moi coñecedora das necesidades laborais de Burela debido ao seu labor profesional como orientadora laboral na oficina local do Servizo Galego de Colocación”.

Susana Fernández explicou que “vivo en Burela e traballo na oficina de emprego dende fai 20 anos e decidín unirme ao proxecto dos meus compañeiros do Partido Popular porque aposto por un cambio para a nosa vila”.

A nova incorporación do PP burelés militara fai tempo noutra formación política, pero agora únese ao proxecto do Partido Popular, “a única alternativa transformadora para Burela”.