A Pobra do Brollón, 17 de abril de 2023. O candidato do PP á alcaldía da Pobra do Brollón, Teddy López, deu a coñecer a lista que encabezará para as próximas eleccións locais, fixadas para o 28 de maio. É, di o aspirante popular, “unha candidatura pensada para gobernar dende o primeiro momento, se os veciños deste concello depositan en nós a súa confianza”. Esta lista está formada por persoas con perfís con experiencia en áreas ás que Teddy López confire especial importancia, dadas as condicións do municipio, como poden ser a prevención de incendios e o traballo no campo social, nas súas distintas facetas.
O aspirante popular á alcaldía destaca, con carácter xeral, que os integrantes da lista que encabeza teñen experiencia nos seus respectivos campos profesionais. A este respecto, sinala: “Iso é algo moi importante para poder empezar a xestionar dende o primeiro días os intereses dos veciños da Pobra do Brollón, un concello no que hai moito traballo por facer para mellorar os servizos que reciben os veciños, en síntese, para mellorar a calidade de vida neste municipio”. Na candidatura figura, no posto número 6, Isabel Castaño, que xa foi concelleira nunha ocasión anterior.
1.- Teddy López Pedredo. Empresario cunicultor
2.- Roberto José Andrade Míguez. Técnico de farmacia
3.- David López Frean. Capataz forestal
4.- Pablo López Morales. Estudante
5.- María del Pilar Pérez Ayán. Auxiliar de clínica
6.- Isabel Castaño Macía. Enfermeira (Sergas)
7.- Diego Sanmartín Menéndez.Técnico podólogo
8.- Lorena Morales Besteiro. Funcionaria (Xunta de Galicia)
9.- José Manuel Costoya Fernández. Empresario autónomo
Suplentes:
.- Roberto Vega Novo. Empresario do sector eléctrico
.-Rut Arias Ferreiros. Matemática e enxeñeira de aplicacións comerciais
.- Rubén Losada Martínez. Empregado de industrias cárnicas