- O candidato do PP á alcaldía, Bernardo Niño, bota en falta “que haxa máis actuacións” para poder suplir o descenso demográfico: “De aí derivan o resto dos problemas. Ao non haber xente, non hai man de obra para traballar, non hai ofertas de emprego de calidade, non hai uns servizos de calidade…en definitiva, é unha cadea.
- Para Niño “o principal valor que ten A Fonsagrada é a xente que temos, somos xente moi acolledora e moi aberta”. Por outra banda, da Fonsagrada, o alcaldable destaca os paisaxes espectaculares.
- O popular destaca que desde o grupo municipal popular levan traballando non só nesta campaña senón durante os 4 anos de mandato. “O traballo que facemos agora en campaña é unha extensión do que vimos facendo. Cando un está na oposición quizais non se ve tanto, pero non paramos de traballar polo Concello”.
- As pasadas festas de Nadal, A Fonsagrada foi protagonista pola lotería xa que foi onde tocou o Gordo. “No persoal non houbo sorte aínda que estivemos preto. Sen embargo, tocoulle a algún veciño e síntome moi ben por eles”.
- Un dos aspectos máis coñecidos da Fonsagrada é a súa gastronomía e concretamente o seu butelo. “A mellor receita posible deste produto é que sexa feito na casa. Practicamente todo o mundo aquí fai matanza e para todos o seu butelo é o mellor. É un produto moi sinxelo de preparar pois so leva pimentón, sal, costela e a pel”.
- O popular explica que desde fai moito está dedicado ao mundo dos negocios, polo que senón se dedicara á política seguiría traballando nos seus negocios propios
- No relacionado a cine e series, asegura que non é moi afeccionado. “Prefiro a lectura, gústame moito as novelas históricas e ler reportaxes periodísticas”. En canto a música, a pesar de habela estudado cando era novo, confesa que non é moi afeccionado a escoitar música.
- Por outra banda, Bernardo Niño defínese a sí mesmo como unha persoa moi leal cos seus amigos aínda que “para dicir isto supoño que habería que preguntar aos meus amigos, pero creo sinceramente que é o rasgo que máis me caracteriza: a lealdade”
UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE CERCA AOS CANDIDATOS
- O pódcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia
- A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños podan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, máis alá de discursos políticos e ideoloxías
Estas son as redes onde está dispoñible o pódcast en Primeira Persoa:
Facebook: https://www.facebook.com/ppdegalicia
Twitter: https://twitter.com/ppdegalicia
Instagram: https://www.instagram.com/ppdegalicia
Youtube: https://www.youtube.com/@ppdegalicia
iVoox: https://www.ivoox.com/podcast-en-primeira-persoa_sq_f11835326_1.html