Partido Popular de Lugo

A candidata á alcaldía de Pol, Nicole Grueira, solicita unha vez maís un debate público e aberto ao alcalde ante a falta de resposta

Pol, 14 de abril de 2023. A candidata do Partido Popular de Pol, Nicole Grueira solicita unha vez máis ao alcalde do municipio, Lino Rodríguez, un debate público e aberto no que participen todas as forzas políticas con representación no concello. Ante a falta de respecto e non responder, a candidata pide unha vez máis este debate para poder tratar os asuntos de importancia. 

Nicole Grueira recorda que o obxectivo é facer un balance dos últimos catro anos e “debater de forma cordial diante de todos os veciños e veciñas os temas de interese e que sexan problemáticos para eles”, explica a candidata.

Entre os asuntos que propón abordar a alcaldable dos populares está a crise financieira que está afogando ao concello con máis de un millón de euros de débeda municipal en pago de proveedores, a falta de transparencia na xestión e nos temas administrativos do concello e a crise demográfica que levan afectando a Pol desde fai máis de 20 anos. “A perda de poboación, a escasa oferta de emprego e de solo industrial e a falta de vivendas son parte deste problema demográfico”, di Grueira.