Partido Popular de Lugo

O PP pide dende o Congreso que o Goberno execute de forma simultánea as obras de reconstrución dos viadutos do Castro na A-6 en ambos sentidos

Lugo, 12 de abril de 2023. O Grupo Popular no Congreso dos Deputados súmase ás iniciativas dos populares nas distintas cámaras para instar ao Goberno a executar as obras de reconstrución dos viadutos afectados polo colapso na A-6 no Castro “de maneira simultánea en ambas calzadas e sentidos” entre Galicia e Madrid.

A través dunha Proposición no de Ley para debater na Comisión de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, o Partido Popular pide tamén “facer públicos os prazos de execución e finalización dos traballos para restablecer a circulación de ambos sentidos desta infraestrutura estratéxica e esencial” e “presentar un plan integral, co seu cronograma e presuposto, das actuacións necesarias na rede de carreteras do Estado na provincia de Lugo para este ano 2023”.

“O derrubamento do viaduto do Castro na A-6, algo sen precedentes na nosa historia recente, está xerando preocupación pola situación xeral e pola falta de prazos concretos e xustificados para a súa reconstrución”, manifestan os populares. Ademais, teñen en conta que “recentemente se producía un accidente cun camión no desvío alternativo ao tramo cortado da A-6, deseñado e executado polo Goberno, que volveu evidenciar as carencias e perigosidade do desvío”.

Os deputados do PP lucense na cámara baixa, Jaime De Olano e Joaquín García Díez, atribúen “á falta de investimentos en mantemento e conservación dos quilómetros de estradas nacionais e autovías o deterioro que están a sufrir nos últimos anos” e que “está tendo graves consecuencias como son a caída do viaduto do Castro na A-6 ou o derrubamento parcial da N-642 na Mariña”.

Os populares explican que “son só dous exemplos aos que se lles poden sumar o lamentable estado da N-120 entre Monforte e Ponferrada e o estado insoportable para os miles de usuarios que se trasladan pola N-540 entre Lugo e Ourense; que cada día utilizan más cidadáns para coller o tren cara á meseta porque non circula durante meses entre Lugo e Monforte e entre esta cidade e Ourense”.

Igualmente, “as infraestruturas de nova construción, coma a A-54 entre Lugo e Santiago, seguen acumulando atrasos de largos períodos de inactividade durante os últimos anos”. Pero, “se o Goberno de Sánchez é incapaz de concretar un compromiso de finalización para esta vía, a A-56 que une con Ourense ten aínda 90 km sen proxectos nin presupostos”, lembran.

Estes son “só algúns exemplos que evidencian o esquecemento deste Goberno con Lugo onde as novas infraestruturas non acaban de completarse e as xa existentes están a deteriorarse por falta de investimentos en conservación”, sinalan os deputados lucenses do Partido Popular.

GRAVE DETERIORO DAS COMUNICACIÓNS FERROVIARIAS EN LUGO

En materia ferroviaria, “a situación aínda é máis grave ante a falta de compromisos para reducir os tempos de viaxe entre Lugo e Ourense; por non investir nin un euro en mellorar a liña entre Lugo e A Coruña; por deixar a liña de ancho métrico na Mariña morrer lentamente e por excluír a Lugo dos proxectos da rede de mercadorías”, subliñan.

O Grupo Parlamentario Popular propuxera emendas aos últimos Presupuestos Generales del Estado (PGE 2023) para realizar os estudos necesarios que permitisen avaliar a viabilidade técnica e económica de novos trazados ferroviarios para conectar a actual liña Lugo – A Coruña con Santiago de Compostela e coa Mariña, “propostas rexeitadas polos grupos que sustentan o actual Goberno”, inciden De Olano e García Díez.