Vilalba, 12 de abril de 2023. O Partido Popular de Vilalba organiza unha charla-coloquio aberta ao público para poñer en valor o talento xuvenil vilalbés. A cita será este venres 14 de abril a partir das nove do serán no restaurante Montero.
A presidenta do PP vilalbés e candidata á alcaldía, Sandra Vázquez, sinala que “os mozos e mozas de Vilalba son o futuro do noso municipio” e, polo tanto, “co obxectivo de facer do noso concello o lugar que elixan para vivir, o proxecto do Partido Popular ten moi presentes as súas necesidades nos distintos ámbitos”.
No eido do emprendemento, a popular destaca “as infinitas oportunidades que presenta o noso concello” e pon en valor “o traballo, esforzo e valentía de mozos e mozas de Vilalba que impulsaron os seus propios negocios ou se están a labrar un prometedor futuro profesional”.
Concretamente durante a xornada sobre o talento xuvenil vilalbés poderanse coñecer as experiencias de Xabi Paz, xerente da Finca Enxebreza e socio-propietario de PizzCa; Verónica Roca, xerente en Peluquería Verónica e SolariBeleza, e Isma Vázquez, capitán do Vilalba FS e profesional sanitario.
A asistencia é libre, pero limitada ao aforo. As persoas interesadas poden inscribirse a través dos teléfonos 679 76 99 03, 636 38 23 26 e 681 13 11 06 ou do enderezo electrónico ppdevilalba@gmail.com.