Burela, 12 de abril de 2023. O Partido Popular incorpora tamén ao seu proxecto para Burela a Ángel González, responsable dun negocio de hostalería e veciño da vila dende fai nove anos.
O candidato do PP á alcaldía de Burela, Manuel Rouco, destaca que “co seu traballo e esforzo axuda a medrar á nosa vila” e lembra que, “como empresario, tivo que soportar a mala xestión ou ausencia desta no último mandato por parte do goberno local socialista”.
Ángel González aposta polo cambio en Burela: “Decido unirme ao proxecto do PP para reverter a situación que estamos a sufrir. Cada día en Burela pechan máis comercios porque non se poden soster. Esta situación non pode seguir así”, matiza.
O popular sinala que “temos que crear unha área empresarial para que as nosas empresas non fuxan de Burela como o están facendo actualmente a outros concellos limítrofes”. E engade tamén que “temos que dinamizar o noso concello creando actividades lúdicas e creativas para que a xente veña a Burela e repercuta favorablemente no noso comercio e na nosa hostalería”.