Partido Popular de Lugo

Sandra Vázquez: «Temos que apostar por unha Vilalba con futuro a través do asentamento de empresas, a mellora dos servizos e o apoio ao rural»

  • A candidata vilalbesa do PP á alcaldía, Sandra Vázquez, bota en falta “que se aposte por unha Vilalba con futuro”
  • Para a popular “estamos nun momento decadente no que se nota que non vén xente como viña antes” e por iso cre necesaria a revitalización do concello a través de tres piares fundamentais: “o asentamento de empresas para reactivar e dinamizar a actividade económica, a mellora de todos os servizos básicos do Concello e o apoio e mellora do rural”
  • Vázquez resalta que ve “unha necesidade de manter a calidade das infraestruturas viarias en todas as parroquias” e que lle gustaría levar servizos que neste momento só están dispoñibles na urbe e non nas parroquias
  • Un dos puntos nos que fai fincapé Sandra Vázquez é na xestión: “Creo que en política se debe ter unha xestión eficaz e eficiente cos recursos dos que dispoñemos. Non podemos gastar máis do que hai”
  • Vázquez, que é licenciada en Administración e Dirección de Empresas e conta cun máster relacionado co sector financeiro; asegura que, se non se dedicara á política, “seguiría coa profesión relacionada cos meus estudos”
  • “Vilalba é un municipio fermoso, con máis de 379 km2 de extensión e con 29 parroquias: calquera das parroquias dá para facer un fermoso percorrido”, segundo destaca a popular
  • Con respecto a que é o que máis lle gusta de Vilalba, Vázquez subliña que “temos unha oferta moi variada. O mirador do Monseivane, o Paseo dos Soños a carón do río Madalena que é un paseo de 3 km no que cada 100 metros podemos ver unha escultura en relación coa cultura vilalbesa e da Terra Chá. E non nos podemos esquecer do Camiño de Santiago no que se poden ver as nosas pontes emblemáticas como a ponte vella de Martiñán ou a Ponte de Saa”
  • Vázquez defínese como unha persoa extrovertida, moi activa e moi familiar. “No pouco tempo libre que teño gústame pasar o tempo como meu fillo de dous anos e coa miña familia. Desfruto de poder estar con eles”
  • A alcaldable popular destaca a cociña como a súa principal afección: “Faime desconectar un pouco de todo. Gústame e apaixóname”. Ademais, entre as súas recomendacións nomea un primeiro cunhas filloas recheas de espárragos trigueiros, cenoria, unha gambiña e un toque de salsa de queixo de San Simón da Costa, de segundo un capón recheo e de sobremesa un bo roscón de Vilalba. Sen dúbida, en Vilalba gastronomía non nos falta”
  • A candidata popular sinala que “me gusta moito a música actual. Pero como boa vilalbesa gústame a música de verbena. Sen embargo, nos meus momentos de relaxación prefiro escoitar outro tipo de música como o grupo Il Divo, que me encanta”
  • No relacionado a cine e series, asegura que non ten moito tempo a pararse diante dun televisor; pero, “cando tiña tempo, gustábame moito Médico de Familia ou Libro de Familia, que representaba moi ben como vivían e a evolución das familias galegas”

UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE CERCA AOS CANDIDATOS

  • O pódcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia
  • A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños podan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, máis alá de discursos políticos e ideoloxías

Estas son as redes onde está dispoñible o pódcast en Primeira Persoa:

Facebook: https://www.facebook.com/ppdegalicia

Twitter: https://twitter.com/ppdegalicia

Instagram: https://www.instagram.com/ppdegalicia

Youtube: https://www.youtube.com/@ppdegalicia

iVoox: https://www.ivoox.com/podcast-en-primeira-persoa_sq_f11835326_1.html