Partido Popular de Lugo

Eloy Pérez destaca a achega de 200.000 euros da Xunta para materializar o proxecto do Centro de Interpretación «Monterroso, a vila das feiras»

Monterroso, 29 de marzo de 2023. Eloy Pérez destaca “a forte e decidida aposta pola cultura e a promoción do patrimonio de Monterroso por parte dos gobernos  do Partido Popular”. Así o manifesta o voceiro do Grupo Municipal Popular e tenente de alcalde trala visita do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, ao Centro de Interpretación ‘Monterroso, a vila das feiras’, un proxecto materializado cunha achega de 200.000 euros por parte da Xunta tralas xestións realizadas polos populares do municipio.

O proxecto fora presentado ao conselleiro durante unha visita a Monterroso en setembro do 2020 e en abril do 2021 asinaba un convenio de colaboración co Concello de Monterroso. Eloy Pérez explica que “os froitos das nosas xestións vénse nunha infraestrutura que alberga tamén o museo Carlos Méndez e que poñerá en valor a nosa historia, dará a coñecer a riqueza do noso patrimonio e a Feira de Santos de Monterroso, que suma máis de 800 anos”.

O voceiro popular, que tamén é o candidato do PP á alcaldía, considera que “será un reclamo nas guías de turismo de Galicia e contribuirá a situar Monterroso como a vila con maior atractivo turístico da comarca da Ulloa; o que supón unha maior dinamización da economía e un pulo ao emprego”. Sinala tamén que “atraerá a Monterroso visitantes de máis alá de Galicia, como xa se ten constatado coa visita de estudosos da Historia doutras comunidades autónomas”.

O PP, VALOR SEGURO PARA MONTERROSO A posta en marcha desta infraestrutura xa fora intentada por outros gobernos locais anteriores, pero non foi ata a chegada do PP ao goberno local de Monterroso cando se materializou o proxecto. Eloy Pérez expón que “queda demostrado con feitos que o PP é un valor seguro que contribúe a atraer investimentos doutras administracións a Monterroso. E, ademais, a súa participación no goberno municipal garante a gobernabilidade do Concello con lealdade, sen estridencias, sen ambicións persoais; senón velando por unha xestión sostible dos recursos públicos”. O Partido Popular é “un grupo sensato e que actúa con sentidiño, seriedade e honestidade”, conclúe.