Partido Popular de Lugo

Bernardo Niño pon en valor a inauguración polo presidente da Xunta do Polo de Emprendemento, que sitúa A Fonsagrada no camiño de recuperar o liderado comarcal que lle corresponde

A Fonsagrada, 29 de marzo de 2023. A Xunta de Galicia mantén un claro compromiso co municipio da Fonsagrada, como se demostra ano a ano. Hoxe, de novo, se pon de manifesto ese compromiso coa visita do presidente de Galicia, Alfonso Rueda, que visita o municipio por segunda vez en dous meses, o que demostra o alto grado de implicación que ten con A Fonsagrada. Así o sinala o candidato do PP á alcaldía fonsagradina, Bernardo Niño.

O alcaldable popular lembrou que a visita do presidente da Xunta no día de hoxe tivo como obxectivo inaugurar o Polo de Emprendemento, xunto ca conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o delegado territorial da Xunta, Javier Arias.

Bernardo Niño destaca que o Polo de Emprendemento é unha oficina demandada polo partido popular da Fonsagrada, que dará servicio ós dezaseis concellos da montaña de Lugo. Niño considera que este é o primeiro paso para volver a colocar A Fonsagrada como a cabeceira de comarca que foi historicamente, é dicir, supón poñela no lugar de referencia que lle corresponde.

O aspirante popular indica igualmente que a posta en servicio do Polo de Emprendemento encaixa na política de feitos e non promesas que leva a cabo o Partido Popular fonsagradino.