Partido Popular de Lugo

O PP da Pobra do Brollón detecta ausencias e erros no vídeo para dar a coñecer o municipio, promocionado polo Concello

A Pobra do Brollón, 22 de marzo de 2023. A promoción do concello é unha obriga do goberno municipal, pero tamén é obrigado facelo correctamente e sen deixar fóra algúns dos principais atractivos que ofrece. Así o sinala o PP local, por boca de Teddy López, á vista do vídeo promocional que difunde o Concello.

Os populares din que é innegable que entre as celebracións máis amplamente coñecidas da Pobra do Brollón está o entroido da parroquia de Salcedo e o seu oso. Pois dito entroido non aparece recollido no vídeo, para sorpresa -sinala López- de cantos o ven neste concello.

No PP consideran excesivo o resumo en canto aos miradoiros que se relatan e cuestionan tamén algunha das denominacións utilizadas para identificar unha antiga e coñecida infraestrutura, como é o caso da Ponte de Barxa de Lor.

Os populares tamén aprecian déficits na relación de ríos, dado que se alude a existencia de 4, cando en realidade son seis, incluído o Sil, que toca na ribeira de Vilachá.