- O candidato popular á alcaldía de Foz, Javier Jorge Castiñeira, ten claro que o que máis lle gusta de Foz é “o carácter da xente: esa alegría, espontaneidade e humor característico da xente de mar”
- Castiñeira sinala que “Foz é un pobo residencial, que é positivo, porque di que é agradable para vivir; pero a pesar de que o polígono ten actividade e incluso se asentan en Foz grandes empresas coma Pescados Rubén, bota en falta máis actividade económica porque os puntos de traballo están fóra de Foz”
- O alcaldable popular, que é aparellador, explica que “as obras e a construción é ao que me debo profesionalmente” e, nese sentido, asegura que “a experiencia laboral previa a ser alcalde de Foz valeume moitísimo”
- Castiñeira tamén di que o deporte lle serviu como formación para a vida política porque “competir axuda a saber gañar, saber perder, traballar en equipo, a esforzarse, a adestrar e a prepararse”
- O candidato popular á alcaldía de Foz participa no carnaval de Foz facendo disfraces e carrozas e nas actividades da súa peña que seguen a tradición do mundo do mar: “Xuntámonos na zona do porto a cociñar cousas de todo tipo” e tamén “organizamos a sardiñada popular das Festas do Carme”
- Defínese como unha persoa “espontánea, amable e con sentido do humor”, gústalle cociñar e recoñece ser moi tradicional coas súas afeccións: “tomar café cos amigos polas mañás, saír tomar uns viños coa miña muller, tomar un café cos meus pais ou pasear. As cousas propias dun veciño de Foz”
- Castiñeira sinala que “a música divírteme e acompáñame. Non descarto nada. Intento escoitar de todo” e en canto ao cine recomenda a última de ‘Top Gun’; pero tamén nomea ‘Invictus’, a historia de Nelson Mandela, ou ‘Gladiator’
- O alcaldable do PP en Foz recoñece que le pouco e prefire “ler en vacacións, cando estou relaxado”. Prefire a novela histórica porque “me gusta aprender” e recomenda ‘Assur’ de Francisco Narla que lle regalou o propio autor e que fala dunha historia normanda que ten vinculación con Foz porque a localidade celebra cada verán a Festa Normanda
UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE CERCA AOS CANDIDATOS
- O pódcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia
- A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños podan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, máis alá de discursos políticos e ideoloxías
Estas son as redes onde está dispoñible o pódcast en Primeira Persoa:
Facebook: https://www.facebook.com/ppdegalicia
Twitter: https://twitter.com/ppdegalicia
Instagram: https://www.instagram.com/ppdegalicia
Youtube: https://www.youtube.com/@ppdegalicia
iVoox: https://www.ivoox.com/podcast-en-primeira-persoa_sq_f11835326_1.html