Partido Popular de Lugo

O PP de Lourenzá aposta polo traballo, a eficacia na xestión, a atención aos veciños e a transparencia

Lourenzá, 21 de marzo de 2023. O Partido Popular de Lourenzá aposta “polo traballo, a eficacia na xestión, a atención aos veciños e a transparencia. Nese sentido queremos traballar: por defender os intereses dos laurentinos e do noso municipio. E co ese mesmo obxectivo foron trasladadas ao pleno da corporación municipal “cuestións que preocupan aos nosos veciños e veciñas”.

Así, os populares lamentan que “o equipo de goberno estea máis preocupado en facer ataques ao PP e, incluso, de forma directa aos seus membros; que en traballar e xestionar o Concello”. Nesa liña, cren que “o goberno socialista erra firmemente se vai por ese camiño porque as cuestións persoais non reforzan un Concello. Ante a falta de argumentos cos que demostrar o traballo feito, o que poden apreciar os veciños é unha nula vontade política por realizar xestións que lles afectan”.

Falta de transparencia

Os populares defenden “a transparencia na xestión” e, nese sentido, lamentan que “o portal da transparencia do Concello de Lourenzá non recolla información sobre as contratacións que saca o goberno local socialista”.