- Na xornada posterior ao Día da Muller, a número dous dos populares galegos reivindicou que o PPdeG é o partido con máis rexedoras en Galicia, as de Guntín, Folgoso do Courel e Triacastela na provincia de Lugo: “Nestas eleccións preséntanse máis candidatas que nunca e por iso aspiramos a ter aínda máis alcaldesas”
- Definindo a Elena Candia como “a alcaldesa que a cidade de Lugo necesita e merece fronte ao actual desgoberno municipal”, Paula Prado asegurou que a formación “non renuncia a ningún concello” nin nesta provincia nin no resto de Galicia
- “Temos un proxecto serio de solvencia e estabilidade e somos unha alternativa alí onde non gobernamos”, afirmou ao tempo que contrapoñía o modelo do PPdeG fronte ao socialista: “Votar ao PSOE é votar a Pedro Sánchez, e Lugo non merece máis sanchismo”
- Paula Prado criticou a “desconexión” á que o Goberno de Sánchez somete á provincia, poñendo como exemplo que “a Alta Velocidade segue sen chegar” ou que “mentres noutras Comunidades hai ceses inmediatos por trens que non caben nos túneles, aquí derrubouse o viaduto que conectaba Lugo coa Meseta e nin se asumiron responsabilidades nin se ofrecen solucións”
- Do mesmo xeito reprochou ao BNG o seu apoio ás “políticas ecoloxistas radicais europeas que tanto afectaron ao noso sector pesqueiro e máis nunha provincia costeira como é Lugo”
- “Hai que poñer o foco en que estas políticas non son boas para Lugo e convencer á sociedade lucense de que o mellor proxecto é o que ofrecen os nosos candidatos e candidatas nesta provincia”, concluíu a secretaria xeral do PPdeG a 80 días das eleccións municipais
RENOVACIÓN DO 40% DAS CANDIDATURAS E UN 85% MÁIS DE MULLERES
- Pola súa banda, a presidenta provincial, Elena Candia, reivindicou que o PP de Lugo se atopa “organizado, motivado e ilusionado por cambiar o rumbo da cidade e da provincia”
- No conxunto da provincia de Lugo serán 27 os concellos que contarán cunha nova persoa ao fronte da candidatura do PP con respecto ás eleccións do 2019; o que supón unha renovación do 40% sobre o total
- A dirixente provincial afirmou que detrás de todos estes cambios hai un inmenso traballo, pensado unicamente para dar equipos que garantan a gobernabilidade nos concellos, nos que o cambio é unha necesidade
- Durante a reunión da Xunta Directiva destacouse a incorporación de xente moza ao proxecto do PP na provincia, como exemplifica o feito de que Lugo conte cos tres candidatos populares máis novos de Galicia
- A presidenta do PP lucense lembrou tamén que apostan por mulleres como cabezas de lista, cun incremento do 85% respecto ao 2019.
