Partido Popular de Lugo

O PP de Pol condena e rexeita a conducta agresiva do alcalde contra os xogadores do C.D Castro

Pol, 7 de marzo de 2023  O PP de Pol condena e rexeita a conducta agresiva do alcalde do municipio contra os xogadores do C.D Castro. O pasado domingo disputouse un encontro por permanecer na zona alta do Grupo 3 de Preferente Galicia,  entre a Sociedade Deportiva de Pol e o Club Deportivo Castro.

Ao finalizar o encontro, no que gañou o equipo visitante, os xogadores do Castro comezaron a celebración do triunfo nos vestiarios, algo que é común neste deporte. Por contra, o alcalde de Pol e actual presidente do club dirixiuse enfadado aos vestiarios para reprender a actitude aos xogadores que estaban celebrando a vitoria. Ante a actitude de prepotencia do rexedor, o equipo técnico e os deportistas o expulsaron baixo gritos de “está loquísimo”.

Desde o PP de Pol rexeitan esta comportamento e conducta inadmisible. Ademais destacan que “Pol volver a ser noticia por unha polémica máis do seu rexedor. Parece unha broma, pero non o é, volver a estar pasando”. 

A candidata a alcaldía dos populares, Nicole Grueira, di: “non entendo como un representante público que debe ser mediador nos conflitos e debe buscar as mellores solucións para os seus veciños, é o que crea os problemas no municipio”. Neste sentido, a alcaldable pregúntase: “É o fútbol a súa prioridade? Porque recordámoslle que o concello ten unha débeda enorme. Que posición ocupa para el este problema?”

ACCIÓNS REINCIDENTES

O PP de Pol recorda que non é a primeira vez que acontece este tipo de polémicas. En maio do ano pasado disputábase un encontro entre a S.D Pol e o Portomarín FC no que se xogaban o ascenso de categoría e, ao rematar o partido con resultado favorable para os visitantes, o rexedor colleu a un afeccionado polo pescozo a traizón e quixo tiralo da plataforma onde estaba animando ao seu equipo.

Ante esta situación o afeccionado interpuxo unha denuncia contra o alcalde por agresión, feito que acabaría en condena. O Xulgado de Instrución número 2 de Lugo, encargado do procedemento, culpouno por un delito de lesiones leves e impúxolle unha multa e unha indemnización para a vítima.