Partido Popular de Lugo

Carmen José López: “Trabajaremos por cada voto, por recuperar la confianza de aquellos que nos la dieron y nos ganaremos la de muchos que lo harán»

Sarria, 5 de marzo de 2023.- Trabajaremos por cada voto, por recuperar la confianza de aquellos que nos la dieron en su momento y nos ganaremos la de muchos que aún no nos han apoyado pero que lo harán”. Así de contundente se manifestou a candidata do PP á alcaldía de Sarria, Carmen José López, durante o seu acto de presentación como cabeza de lista, no que estivo arroupada por distintos cargos orgánicos da formación popular como a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; a presidenta provincial, Elena Candia; o responsable de Facenda do Goberno galego, Miguel Corgos; ou o presidente local do PP, Fernando Carlos Rodríguez, entre outros

Visiblemente emocionada, pero “muy contenta”, a candidata do PP agradeceu o apoio político pero tamén o de moitos veciños que ao longo destas semanas llo trasladaron persoalmente. Por eles, enfronta esta nova etapa co mesmo compromiso co que xa liderou outros proxectos relacionados coa súa carreira profesional como avogada.

“He estado la mayor parte de mi vida intentando cambiar cosas desde movimientos asociativos, trabajando desde la sociedad civil para que Galicia y su interior sea un territorio más emprendedor, más igualitario, mejor conectado y con más oportunidades pero creo que llegó el momento de implicarme más en la política porque Sarria no puede seguir así”, manifestou.

A carreira pola alcaldía xa comezou. “Estamos en el momento de escuchar a todo aquel que quiera aportar para confeccionar un proyecto común para Sarria, quedan por delante muchas reuniones con colectivos y vecinos para que el día que arranque la campaña electoral la iniciemos con el mejor programa posible, con un programa de todos y para todos”, avanzou.

“Necesitamos que Sarria recupere el tiempo perdido, que Sarria vuelva a ser una villa emprendedora, una villa con industria, que ponga en valor su rural y su cultura. Sarria merece salir de la conflictividad política, de los insultos y de los egos. Sarria merece que volvamos a hablar de construir, de crecer, que volvamos a ilusionarnos. Sarria merece más, mucho más”; de aí que Carmen José López asuma este reto “no para la política, lo asumo para trabajar por Sarria utilizando la política como instrumento para hacerlo”.

“Hoy aquí estamos demostrando que somos capaces de salir fuertes y a por todas a por el mejor objetivo, recuperar Sarria y liberarla de la vorágine de crispación y desidia en la que se encuentra desde hace años. Nos toca liberarla de esta inercia y devolverle la vida que nunca debió perder”, concluíu.

PAULA PRADO APOIA “O PASO IMPORTANTÍSIMO” DE CARMEN JOSÉ LÓPEZ

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, agradeceu “o paso importantísimo” que afronta Carmen José López presentándose como candidata ás municipais cun “proxecto ilusionante” porque “Sarria necesita persoas como Carmen”.

Baixo as siglas do PP, a alcaldable ten a oportunidade de liderar un partido “unido, serio, organizado e que actúa con responsabilidade” para lograr o cambio que precisa a vila. “Para iso, vexo que tedes todos os ingredientes para gobernar Sarria”, afirmou a número dous dos populares galegos.

“O PSOE está inmerso nas súas leas internas con ceses e dimisións, case a diario, ademais dos debates de se ten que ser un ou outro o candidato”, en referencia aos conflitos internos dos socialistas galegos antes de criticar que do Goberno de España só se fala polo “escándalo do Tito Berni e dos disgustos da Lei do só si é si con máis de 750 agresores que viron reducidas as súas penas e 75 que están nas rúas antes de tempo”. Paula Prado afirmou que esta lei é “o maior retroceso posible na defensa dos dereitos das mulleres” e sente mágoa dun partido “incapaz de tender a man ante a proposición non de lei presentada polo PP” e pensar “nas mulleres que están sufrindo” as consecuencias.

Así mesmo, a poucos días do 8-M, Prado pediu a Pedro Sánchez que “deixe de dar leccións de feminismo” a un PP que pode presumir de “mulleres valentes e valiosas” que representan o sentir da sociedade, en referencia ás 24 alcaldesas que gobernan en Galicia, sendo o partido con máis rexedoras locais, e ás novas candidatas que non se elixen por “cotas” como si o fará o Consello de Ministros aprobando  a lei de representatividade paritaria entre homes e mulleres. Neste sentido, recordou tamén que o BNG de Ana Pontón votou a favor da Lei do só si é si.

“A xente non aguanta máis este sanchismo, esta política de postureo e márketing que non axuda ás familias que máis o necesitan, aos autónomos e as grandes empresas. Demostraron unha incapacidade de xestión e pídovos que o teñades en conta nas municipais, porque non podemos consentir que Sánchez lle faga máis dano a España, Galicia e Lugo, una provincia maltratada”, dirixiuse aos presentes.

A isto engadiu que o vindeiro 28 de maio, o PP vai “tinguir Galicia de azul”: “Os candidatos e candidatas de Lugo formades parte da mellor alternativa porque o PP ten una marca forte e con obxectivos ambiciosos. A xente xa sabe o que é votar proxectos perdedores. Nós sempre traballamos máis que o resto para conseguir a maioría absoluta”.

A número dous dos populares galegos aproveitou o acto en Sarria para recoñecer o traballo de Elena Candia na capital provincial que a converterá “na próxima alcaldesa de Lugo” e transmitir o seu apoio a Olga Capón en Láncara para que tamén consiga o mesmo obxectivo.  

O día das eleccións municipais será, en cada un destes concellos e no resto de Galicia, o “primeiro paso” para conseguir facer “presidente do Goberno de España a Alberto Núñez Feijóo” en decembro, concluíu Pardo.

CANDIA: TEMOS “UNHA GRAN CANDIDATA” E “SÓ QUEDA TRABALLAR” PARA LOGRAR DEIXAR ATRÁS A “CONFLITIVIDADE DO GOBERNO LOCAL”

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, admitiu ter en Sarria “unha gran candidata”, ao tempo que agradeceu a toda a agrupación municipal “a xenerosidade demostrada en todo este proceso”.

“Sarria merece un goberno do Partido Popular. Todos os que estamos aquí o sabemos. Por iso, quero recoñecer publicamente o voso esforzo e o voso compromiso por buscar unha cabeza lista que nos permita lograr o obxectivo”, destacou. A este respecto, lembrou que “sempre digo que non é o mesmo que gobernemos uns a que gobernen outros. Vós mellor ca min sabedes da crispación e da conflitividade que xerou e xera o actual goberno local. Por iso, temos que estar á altura. Debémosllo aos veciños e veciñas”, insistiu.

“Carmen ten todo o apoio da dirección provincial, como tamén o teñen todos os membros do grupo municipal e, por suposto, todos os afiliados e simpatizantes. Creo que estamos no bo camiño. Só queda traballar para logralo e darlle estabilidade a este municipio tan importante a nivel comarcal, pero tamén provincial”.

Coincidindo coas afirmacións da máxima dirixente dos populares lucenses, o presidente local, Fernando Carlos, expuxo o intenso traballo que está a facer o grupo municipal e non dubidou en afirmar que “Carmen tiene un gran futuro y, por tanto, Sarria también tiene un gran futuro con ella”. Ademais, engadiu para rematar, “le viene de cuna con unos padres que han tenido responsabilidades a nivel de Partido y que siempre han sido muy comprometidos con nuestra villa”.