Partido Popular de Lugo

O PP de Trabada denuncia escurantismo na xestión do goberno local, presidido pola socialista Mayra García, en trámites para o acceso a prazas da residencia da terceira idade

Trabada, 3 de marzo de 2023. O goberno municipal de Trabada, presidido pola socialista Mayra García, deu sobradas mostras ao longo do mandato da súa escasa vontade de transparencia e da súa preferencia pola xestión escurantista. Así o sinala o portavoz municipal, José María Fernández, unha vez máis, á vista da falta de resposta a súa petición formal, mediante rexistro, de acceso aos expedientes das solicitudes para o acceso a prazas da residencia da terceira idade.

José María Fernández presentou a citada solicitude no rexistro do Concello o pasado 17 de xaneiro. Indica que o prazo para que o Concello contestara ao seu escrito rematou o 17 de febreiro. “Ata o día de hoxe -di- nada se me comunicou”.

Para o portavoz popular, este caso é unha mostra máis do escurantismo co que procede o goberno local de Trabada.