Lugo, 27 de febreiro de 2023. O afundimento do viaduto do Castro na A-6 creou unha crise nas comunicacións de Galicia, en xeral, e da provincia de Lugo, en concreto, coa Meseta que o Goberno non acaba de resolver. Á vista dos cambios de criterio cos que opera o Ministerio de Transporte, da falta de concreción de cara a reposición da vía e da preocupante planificación das obras, unha ampla representación do PP no Senado, no Congreso, no Parlamento de Galicia e nos concellos máis directamente afectados expuxeron
no Castro ás iniciativas que desenvolverán para que o Executivo central aclare os seus plans, axilice os trámites e a execución das obras. Entre os representantes populares que hoxe estiveron no Castro atopábanse senadores, deputados, alcaldes e portavoces nos concellos máis directamente afectados, así como o concelleiro lucense, Antonio Ameijide, da comisión de Infraestruturas do PPdeG. Esixen que a reconstrución dos dous viadutos se leve a cabo simultaneamente, porque son fundamentais para as comunicacións de Galicia.
O deputado autonómico, José Manuel Balseiro (coordinador xeral do PP de Lugo), portavoz popular na comisión de Infraestruturas do Parlamento de Galicia, lembrou que no Castro gastáronse 26 millóns de euros para reforzar este viaduto e unha vez que se ía abrir ao tráfico, caeu a ponte. Sinalou: “A empresa que fai o proxecto no que se gastan os 26 millóns de euros é a mesma empresa que fixo o informe de por que caeu. É unha mostra máis de que o Goberno central, do PSOE, desconecta Galicia, e sobre todo desconecta á provincia de Lugo, que é das de Galicia, e probablemente de España, máis desconectadas por estrada e ferroviariamente. Queremos que se aclaren os prazos, porque non queren facer os pontes simultaneamente, e un deles, ao parecer no estaría listo ata o ano 2028. A gran prexudicada é a provincia de Lugo e no tema de infraestruturas cando digo que desconectan Galicia, digo, primeiro, que non dan feito o traspaso da A-9; segundo, ían conxelar ás peaxes e o que fixeron foi subilas; a conexión con Santiago xa sabemos a que paso vai, e con Ourense, igual. Esta é unha provincia en materia das infraestruturas que corresponden ao Goberno de España totalmente abandonada. Esperemos que a final de ano haxa un Goberno do PP para axilizar as obras e as infraestruturas da nosa provincia.
A súa vez, o alcalde de As Nogais, Jesús Manuel Núñez, indicou: “Este desastre ao que asistimos, está protagonizado polos partidos que nos gobernan en España, e parece que cada día temos peores noticias para esta zona, que nos causan prexuízos tremendo. Esperemos a ver se en maio conseguimos reverter a situación política e a partir de aí conseguimos cambiar o Goberno en Madrid e que o novo se tome en serio o amaño desta autovía tan importante”.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Lorenzo Varela, presentan unha nova iniciativa para intentar que o Goberno aclare por que toma determinadas decisións, para urxir a execución das obras e coñecer os prazos previstos para o seu remate. Expresan en forma de pregunta a súa preocupación por se, detrás da maneira de operar do Ministerio de Transportes neste asunto, existe un intento de illar a Galicia. José Manuel Barreiro indicou no Castro que “a reconstrución do viaduto do Castro, derrubado no verán de 2022, demorarase moitos anos, expóndose como unha obra a longo prazo, segundo a información facilitada polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana”. Destacan que “nin sequera estase planificando polo momento a reconstrución do viaduto en dirección A Coruña” e din que “esta situación resulta realmente preocupante, dado que o viaduto do Castro, situado na autovía A-6, era a principal entrada á comunidade autónoma de Galicia desde a meseta”.
Os populares consideran que “a falta de implicación e o total desinterese do Ministerio de Transportes por axilizar a reconstrución do viaduto do Castro non só está a afectar gravemente aos usuarios da A-6, tanto particulares como transportistas, senón a todos os galegos, dado que a falta dunha conexión directa entre o centro da península e Galicia pode ocasionar graves prexuízos para toda a comunidade autónoma”.
Barreiro destaca que o PP quere saber por que o ministerio non está a axilizar e priorizando a reconstrución do viaduto do Castro, así como que prazos manexa para reconstruílo. Os populares preguntan en que fase está o proxecto e por que motivo o ministerio non vai reconstruír o viaduto en dirección A Coruña.
Interésanse por coñecer se é consciente o Goberno de España, segundo indica Barreiro, do prexuízo que supón para Galicia a falta dunha vía de acceso directa á Comunidade, como era o viaduto derrubado en dirección A Coruña. Deixan no aire a súa preocupación por se o Goberno busca illar a Galicia con esta decisión. Preguntan que solución viable, rápida, segura e efectiva, é dicir, que non cause prexuízo nin para os usuarios, nin para Lugo nin para a Comunidade Autónoma de Galicia, propón o Goberno de España para acceder desde a Meseta.