Partido Popular de Lugo

O PP da provincia renova nun 40% os cabezas de lista de cara o 28 de maio con respecto aos candidatos ás anteriores eleccións municipais

Lugo, 25 de febreiro de 2023. O Partido Popular renova os cabeza de lista de cara ás vindeiras eleccións municipais en 27 concellos da provincia de Lugo con respecto aos candidatos do 2019. Isto supón unha renovación dun 40% (40,9%) do total das candidaturas nos 66 concellos con lista pechada. No caso de Negueira de Muñiz, a lista é aberta ao tratarse dun municipio con menos de 250 habitantes. 

A renovación inclúe a incorporación de xente xove (15 dos novos cabeza de lista teñen menos de 45 anos) e máis mulleres á fronte das candidaturas populares (7  concellos nos que cambia a persoa que encabezará a lista popular contarán con mulleres). De feito, serán un total de 13 as candidatas ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio na provincia fronte ás 7 do 2019, é dicir, un 85% máis.

Os populares, que ostentan a alcaldía en 31 concellos, volven presentar como candidatos aos alcaldes e alcaldesas; excepto no caso de Quiroga onde o rexedor xa anunciara a súa decisión de non repetir tras rematar o actual mandato. Polo tanto, 30 dos alcaldes e alcaldesas do Partido Popular na provincia optan a un novo mandato. Algúns deles como Miguel González, Manolo Otero ou Pablo Rivas será a primeira vez que encabecen a candidatura nos Concellos de Baralla, Mondoñedo e Portomarín, respectivamente.

A dirección provincial agradece “a todas e cada unha das persoas que se poñen ao fronte dunha candidatura, todas elas comprometidas cos seus concellos, polo traballo e esforzo que, non dubidamos, que porán para obter os mellores resultados posibles na vindeira cita coas urnas”. 

Os candidatos e candidatas do PP á alcaldía dos concellos lucenses participaron este sábado en Santiago de Compostela no acto de presentación dos cabeza de lista de toda Galicia ao que asistiron o presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, entre outros dirixentes. 

En representación da provincia, interviu durante o acto Nicole Grueira, presidenta de xestora do PP de Pol e candidata, a primeira da historia do Partido Popular que veu ao mundo no século XXI. Representa, polo tanto, ás novas xeracións e tamén aos pequenos concellos.

CANDIDATOS Á ALCALDÍA NA PROVINCIA DE LUGO

Abadín: José María López Rancaño

Alfoz: Juan José Fraga Paz

Antas de Ulla: Javier Varela Pérez

Baleira: Ángel Enrique Martínez-Puga López

Baralla: Miguel González Piñeiro

Barreiros: José Manuel Gómez Puente

Becerreá: José Fernández Carrete

Begonte: José Ulla Rocha

Bóveda: José Manuel Arias López

Burela: Manuel Rouco López

Carballedo: Julio Manuel Yebra-Pimentel Blanco

Castro de Rei: Francisco Javier Balado Teijeiro

Castroverde: Pablo Figueiras Reguera

Cervantes: Óscar Fernández Gómez

Cervo: Alfonso Villares Bermúdez

Chantada: Manuel Lorenzo Varela Rodríguez

O Corgo: Felipe Labrada Reija

Cospeito: Armando Castosa Alvariño

Folgoso do Courel: Lola Castro Ochoa

A Fonsagrada: Bernardo Xabier Niño Neira

Foz: Javier Jorge Castiñeira

Friol: José Ángel Santos Sánchez

Guitiriz: José Manuel López Rodríguez

Guntín: María José Gómez Rodríguez

O Incio: Héctor Manuel Corujo González

Láncara: Olga Capón Moreno

Lourenzá: Roberto Díaz Expósito

Lugo: Elena Candia López

Meira: Óscar Fernández Fernández

Mondoñedo: Manuel Ángel Otero Legide

Monforte de Lemos: Katy Varela Fernández

Monterroso: Eloy Pérez Sindín

Muras: Eugenia Requeijo Chao

Navia de Suarna: Raúl Pérez Álava

As Nogais: Jesús Manuel Núñez Díaz

Ourol: José Hermida Corbelle

Outeiro de Rei: José Pardo Lombao

Palas de Rei: Pablo Taboada Camoira

Pantón: José Luís Álvarez Blanco

Paradela: José Manuel Mato Díaz

O Páramo: José Luís López López

A Pastoriza: Darío Cabaneiro Santomé

Pedrafita do Cebreiro: Miguel Ángel Castro Alba

Pol: Nicole Grueira Fernández

A Pobra do Brollón: Teddy López Pedredo

A Pontenova: Concepción Novo Mourelle

Portomarín: Pablo Rivas Folgueira

Quiroga: José Manuel Pol González

Rábade: Remedios González Cabarcos

Ribadeo: Daniel Vega Pérez

Ribas de Sil: José Rodríguez Fernández

Ribeira de Piquín: José Osorio Fernández

Riotorto: Clemente Iglesias González

Samos: Miguel Gallego Saavedra

Sarria: Carmen José López Rodríguez

O Saviñao: Carlos Armesto Quiroga

Sober: Luis Fernández Guitián

Taboada: Ramiro Moure Ansoar

Trabada: José María Fernández Vázquez

Triacastela: Olga Iglesias Fontal

O Valadouro: José Manuel Lamela Piñeiro

O Vicedo: Jesús Novo Martínez

Vilalba: Sandra Vázquez Domínguez

Viveiro: Mariña Gueimunde González

Xermade: Antonio Riveira Requeijo 

Xove: Demetrio Salgueiro Rapa