Partido Popular de Lugo

Miguel Gallego será o candidato do PP á alcaldía de Samos

Samos, 23 de febreiro de 2023. O candidato do PP á alcaldía de Samos será Miguel Gallego, un mozo de 25 anos propietario dunha gandería de vacún de carne na parroquia de Renche.

A proposta da dirección provincial foi aprobada por unanimidade no transcurso dunha reunión con afiliados celebrada este mércores. “O obxectivo é o de traballar para recuperar a alcaldía neste municipio onde o PP non goberna dende o 2007”, sinalan.

O alcaldable amósase “ilusionado e con ganas de traballar” por Samos e atender aos veciños e veciñas. “É fundamental tratar os principais problemas de Samos como son o despoboamento, a introdución das novas tecnoloxías no rural e dar visibilidade aos sectores máis importantes do noso municipio como son o agrogandeiro e o relacionado co Camiño Francés, como é a hostalería”, explica.

Gallego, que compaxinou as súas ocupacións na explotación gandeira co aprendizaxe de idiomas e a formación en administración de empresas, manifesta a súa intención de “traballar o máximo posible para favorecer o asentamento de empresas coas que xerar postos de traballo en Samos ou atender o mellor posible aos nosos veciños e, en especial, aos nosos maiores”. En definitiva, “o meu proxecto é o de traballar polo que sexa bo para o noso municipio”.