- O candidato do PP á alcaldía de Ribadeo recoñece que non saca o traxe de político; é “Dani Vega as 24 horas”, dende que se levanta, ás 6.30 da mañá, ata que se deita, ás 12 da noite.
- Aínda que plenamente dedicado á política, gústalle “ser o que son: técnico agrícola”. Traballou en Acruga “e antes noutra cooperativa en Bretoña”.
- “O rural hai que poñelo en valor. No Parlamento, a oposición fala dun rural en branco e negro; nós falamos dun rural de presente e de futuro; avanza e temos que darnos conta; non é o dos anos 70 e 80, sufriu unha revolución tranquila”
- “O que me gusta do meu concello é o meu concello. Todo. Ribadeo é a vila e o rural; é a ría e o encanto do casco histórico, tomar uns viños na zona vella e pasalo ben con amigos”
- Ollando para o estado do concello, di: “Ribadeo leva un período longo con parálise e iso é algo que hai que mudar, con vocación de servizo, con traballo. Eu, que quero ser alcalde de Ribado, lévoo facendo dende a oposición. Cando lideras a oposición o teu deber é fiscalizar ao goberno; nós fixemos iso, pero xestionamos moito orzamento para Ribadeo””
- Dani Vega resume así o que precisa Ribadeo: “Necesitamos un tecido económico forte, un polígono industrial polo que levamos loitado moito tempo (temos un polígono, pero a palabra industrial hai que incorporarlla), potenciar o sector turístico, diversificalo e desestacionalo”
- “Os que me coñecen saben que para min desconectar é difícil. Son un apaixonado da música galega. Televisión vexo pouca. Son un apaixonado da radio. Gústame moito ler biografía; enganchoume unha sobre Manuel Fraga, pero a que máis me marcou foi a da Madre Teresa de Calcuta”
- Vega defínese así: “Traballador, leal e transparente”
UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE PRETO AOS CANDIDATOS
- O podcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia
- A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías
Estas son as redes onde está dispoñible o podcast en Primeira Persoa:
Facebook: https://www.facebook.com/ppdegalicia
Twitter: https://twitter.com/ppdegalicia
Instagram: https://www.instagram.com/ppdegalicia
Youtube: https://www.youtube.com/@ppdegalicia
iVoox: https://www.ivoox.com/podcast-en-primeira-persoa_sq_f11835326_1.html