Partido Popular de Lugo

Daniel Vega: «Xestionar orzamento para Rinlo é investir na mellor vila mariñeira»

Ribadeo, 20 de febreiro de 2023. O portavoz do Grupo Municipal Popular e candidato á alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, destaca os máis de 50.000 euros que investiu a Xunta na mellora da entrada a Rinlo, a avenida de Ribadeo, que incluíu o remate da rúa que linda co paseo marítimo incorporando un novo pavimento de formigón despois de eliminar o vello aglomerado que supoñía un importante impacto visual e non axudaba nada a presumir dun pobo mariñeiro como é Rinlo”. Así, considera que “xestionar orzamento para Rinlo é investir na mellor vila mariñeira”.

O popular indica que “quixemos solucionar esta situación da man da asociación de veciños porque cremos que hai que estar sempre nesa escoita permanente para ir axudando aquilo que podemos”. Ademais, engade que “é todo un pracer traballar conxuntamente coa asociación de veciños que está facendo un traballo moi importante organizando actividades lúdicas e culturais, coa intención de xuntar aos veciños para pasar un bo rato. Sen lugar a dúbida, anima a facer máis cousas e nos vamos a seguir colaborando cos veciños da man da asociación”.

Vega sinala que “debemos presumir do que temos en Ribadeo con humildade; pero debemos, sobre todo, conservar todo o que temos. Pouco a pouco imos poñendo solución a algúns problemas e xestionando orzamento para traballar polo noso concello”.