Partido Popular de Lugo

Raúl Pérez Álava defende a posta en valor dos produtos locais de Navia de Suarna sinalando como exemplo á androlla

Navia de Suarna, 16 de febreiro de 2023. O presidente do PP local e candidato á alcaldía, Raúl Pérez Álava, defende a posta en valor dos produtos locais. De feito, destaca a androlla como un dos símbolos de Navia de Suarna: “un produto tradicional e de calidade”. Nese sentido, destaca o traballo de tódolos produtores locais de androlla, “un exemplo de posta en valor do noso”, que fan posible tamén a Festa da Androlla que o vindeiro domingo 19 de febreiro celebra a súa trixésimo segunda edición.

O popular considera que a elaboración de androllas en Navia de Suarna contribúe á dinamización económica do municipio: “é unha oportunidade”. E, en canto á Festa da Androlla -que conta coa colaboración da Xunta- sinala que se trata dunha oportunidade a nivel turístico porque “Navia de Suarna recibirá visitantes que poderán apreciar o valor natural do noso concello”.

IV RUTA DA ANDROLLA

Pérez Álava recoñece o traballo do club Ancares 4×4 para organizar a IV Ruta da Androlla e, polo tanto, agradécelles a iniciativa porque contribúe a “atraer actividade” ao noso municipio. Nese sentido, o candidato á alcaldía sinala que “é imprescindible continuar a impulsar actividades sociais, deportivas e culturais -ademais de apoiar as iniciativas empresariais- porque tamén xeran valor económico no noso concello”.

A IV Ruta da Androlla desenvolverase o sábado 18, despois da presentación o venres 17. O domingo 19 desenvolverase unha proba de habilidades.