Partido Popular de Lugo

Daniel Vega: «Portos de Galicia comprométese a redactar un proxecto para instalar alumeado público na baixada ao porto comercial»

Ribadeo, 16 de febreiro de 2023. O portavoz do Grupo Municipal Popular e candidato á alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, explica que “Portos de Galicia comprométese a redactar un proxecto para instalar alumeado público na baixada ao porto comercial”.

“A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, anunciou durante a súa última visita a Ribadeo moitas melloras no porto cunha inversión de 200.000 euros e tamén lle trasladamos a preocupación do noso grupo municipal e moitos veciños porque a baixada ao porto carece de iluminación”, explica Vega.

“Creo que é de xustiza reivindicalo e que Portos de Galicia invista para solucionar este problema”. Nese sentido, subliña o popular que “o compromiso é absoluto e total”. De feito, “Portos de Galicia está realizando estudos lumínicos para saber que necesidades ten que concretar no proxecto. Posteriormente procederase á súa redacción para solucionar o problema”.

Vega explica que “creo que así se deben facer as cousas: primeiro analizar a situación, reivindicar a solución do problema e así, pouco a pouco, ir dotando de máis inversión ao noso porto”.