Partido Popular de Lugo

Tito Suárez: «As obras no local de piragüismo non serán unha realidade sen que o goberno local firme o contrato e para iso pode que sexa necesario incrementar o orzamento»

Ribadeo, 15 de febreiro de 2023. O coordinador de deportes do PP ribadense, Tito Suárez, considera que ao goberno local do BNG “lles molesta contestar ás preguntas do grupo municipal popular de Ribadeo; vistos os insultos e menosprezos que nos fai”. Nese sentido, o popular explica que “non están contestando só a este grupo municipal; senón aos veciños de Ribadeo”. E engade que “se ademais contaran a verdade, sería motivo para alegrarse”. Pero, “tal e como di o goberno do BNG: as mentiras teñen un curto recorrido”.

“As obras no local do club de piragüismo non comezaron porque non se firmou o contrato. Pode que o presuposto inicial non sexa suficiente. O goberno do BNG non deu explicacións ao respecto. Como non se firmou o contrato, non hai data prevista para o inicio da obra”, explica.

Tito Suárez defende que “este grupo municipal si sabe e si se entera. E preguntámonos que fai o goberno do BNG a parte de mentir. Recordamos que isto é unha promesa de fai máis de dous anos e que, de momento, nada se fixo”.

O popular recoméndalle ao concelleiro de deportes que “non perda o tempo en ler notiñas que lle escriben, que se centre en traballar polo deporte ribadense e non só en cobrar a dedicación exclusiva que pagan todos os veciños de Ribadeo”.