Pol, 7 de febreiro de 2023 O PP de Pol valorou positivamente a entrega dun vehículo de emerxencias para o municipio por parte da Xunta de Galicia. A presidenta dos populares en Pol, Nicole Grueira afirma que “con este vehículo refórzase os servicios de seguridade e emerxencias no noso municipio, co fin de prestar un mellor servicio para aos veciños e veciñas”.
Esta entrega de material forma parte da partida de investimento da Xunta de Galicia para reforzar os equipos de emerxencia nos concellos con menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Este vehículo engádese ao material proporcionado pola Xunta de Galicia para servizos de emerxencia, que o ano pasado xa entregou en Pol un desfibrilador externo.
Os todoterreos cedidos contan con caixa de primeiros auxilios equipada con soporte para vehículo, extintor de po, dúas lanternas LED con cargador de vehículo, cono con autonomía mínima de catro horas, pinzas de aceso de emerxencia e ponte de luces con altofalante. Ademais, dispoñen de preinstalación para equipos de telecomunicacións e de gancho para remolque. Con estes, a Xunta entregou nos últimos anos preto de 300 vehículos a concellos con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.
Grueira incidiu no compromiso da Xunta cos servizos de emerxencias dos concellos, a pesar de tratarse dunha competencia municipal no caso das localidades de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos de menor poboación.
Neste sentido, a presidenta dos populares en Pol destaca a importancia de que os servizos de emerxencia municipais conten co mellor equipamento para o desenvolvemento do seu labor a favor da prevención e da seguridade da cidadanía. Referiuse tamén á necesidade de facilitarlles a preparación precisa para desenvolvelo, para o que contan tamén co apoio da Xunta a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), centro de referencia para a formación neste ámbito.