Partido Popular de Lugo

O PP de Foz pon en valor a rapidez coa que a Xunta atendeu a petición da Asociación de Veciños e Montes de Cangas para executar o último tramo das beirarrúas da LU-162

Foz, 7 de febreiro de 2023. En Cangas de Foz, na LU-162, acaban de comezar as obras de construción das beirarrúas no tramo no que aínda non existían. O portavoz municipal do Partido Popular, Javier Castiñeira, “indica tal como nos anticipou no seu día o delegado da Xunta, Javier Arias, na reunión co grupo municipal popular, nesta semana comezaron os traballos dunha nova fase das beirarrúas de Cangas, concretamente na LU-162. Son parte dun proxecto que xa está executado na súa maioría; estando no goberno local o PP, en varias fases, construíronse preto de 800 metros de beirarrúas por cada lado; agora construiranse 220 metros lineais, divididos nos dous sentido”. Castiñeira explica que “así se completa unha obra de mellora da seguridade, especialmente para protección dos peóns; é unha obra que pediu a Asociación de Veciños e Montes de Cangas e que xestionou o PP, que a considera unha necesidade”.

Os populares agradecen “a dilixencia por parte da Delegación da Xunta de Galicia, concretamente pola Consellería de Infraestruturas”. Castiñeira destaca que o inicio dos traballos “é unha boa nova para esta parroquia, a máis grande que ten Foz, despois do núcleo urbano; é unha parroquia que ten case mil habitantes”. Lembra que “é unha das vías fundamentais para os veciños de Cangas e para  os de Cordido”.

Castiñeira sinala: “O PP sigue traballando en positivo e o claro exemplo é a parroquia de  Cangas: xestionamos a construción pola Xunta de gran parte destas beirarrúas cando estabamos no goberno local e seguimos facéndoas aínda estando na oposición”.