Partido Popular de Lugo

O PP pregunta ao Goberno de Sánchez se poden concretar o número de delincuentes sexuales que viron rebaixadas as súas penas na provincia de Lugo

Madrid, 6 de febreiro de 2023. O 7 de setembro de 2022 entrou en vigor a Lei Orgánica 10/2022, de garantía integral da liberdade sexual, máis coñecida como a Ley só si é si. Cinco meses despois, centos de delincuentes sexuales condenados viron rebaixadas as súas penas e incluso algúns foron excarcelados, chegando a máis de 30 a cifra dos beneficiados en Galicia. O motivo é que a nova lei contén penas máis baixas para algúns dos delitos e, polo tanto, resulta máis favorable para algúns dos condenados. 

Os senadores e diputados populares pola provincia de Lugo no Congreso piden ao Goberno de Sánchez explicacións en relación ao número de delicuentes sexuales que viron rebaixada a súa condena ou quedaron en liberdade na provincia. Concretamente, os populares trasladan á cámara baixa unha serie de preguntas ao respeto. 

“Pode concretar o Goberno cántos delincuentes foron rebaixadas as súas penas ata o día de hoxe na provincia de Lugo? Pode especificar o delito cometido e cal foi exactamente a rebaixa da pena para cada un dos casos en Lugo? E pode concretar o goberno se algún dos delincuentes sexuais foi excarcelado na provincia con motivo da aplicación  da Lei só sí e sí?”, di Rosa Arza, senadora do Partido Popular pola provincia de Lugo.

Os populares pregúntanse, transcorridos xa cinco meses da aprobación da lei, se o Goberno central pode indicar o número exacto de delincuentes favorecidos por esta lei que non fai máis que desprotexer as mulleres lucenses vitimas de agresións sexuais.

Desde a Partido Popular a protección das vítimas non é discutible, e polo tanto non pode xerar debates ou desencontros no seo dun Goberno de Estado. O único que provoca esta norma é unha inseguridade xurídica que non se debe consentir e ante a evidencia das probas, a aprobación da Lei é un fracaso político.