Partido Popular de Lugo

Novo intento do PP de Sarria, esta vez por medio da interventora municipal, para coñecer canto recadou o Concello polo “catastrazo” e cando se devolverá o cobrado en exceso

Sarria, 4 de febreiro de 2023. O Partido Popular de Sarria dá novos pasos no seu intento de conseguir que o goberno municipal explique aos veciños todos os puntos sen aclarar, que son moitos, en canto a recadación polo “catastrazo” e as previsións para devolver o cobrado demais. Os concelleiros populares acaban de solicitar que se emita informe por parte da interventora municipal sobre diversos aspectos. En primeiro lugar queren saber a canto ascenderon os ingresos por IBI do Concello de Sarria dos anos 2016, 2017, 2018 e 2019. Tamén preguntan a que exercicio orzamentario foron imputados como ingreso.

Na súa iniciativa, os populares preguntan, á vista da declaración de caducidade dos procedementos levados a cabo para proceder á súa cobranza, quen ten que devolver o importe cobrado indebidamente aos contribuíntes e a canto ascende a cantidade a reintegrar.

 No PP queren saber cando se procederá a restitución do indebidamente percibido por parte do Concello e como se vai a custear a devolución.

En relación coas preguntas anteriores e en canto ao orzamento do ano 2023, interésanse por coñecer cal é o importe que se prevé recadar por parte do Concello en concepto de IBI e que anos de recadación comprenden. Igualmente queren coñecer se se ten en conta á hora de cuantificalo o acordo de pleno do 26 de xaneiro 2023, no que  se optou por realizar un procedemento xeral de valoración e non o simplificado.

 Por último, preguntan se se tivo en consideración a modificación da ordenanza fiscal reguladora deste imposto, aprobada por unanimidade polo pleno o 29 de setembro de 2022, e que contemplaba bonificacións do 30 % ao 90 % en parcelas de natureza urbana. O presidente dos populares de Sarria, Fernando Carlos Rodríguez sinala: “El PP intenta por enésima vez, en esta ocasión interpelando a la señora interventora municipal, que el pueblo de Sarria sepa cuánto recaudó el Ayuntamiento por el conocido como “catastrazo”, dónde está ese dinero y cuánto se va a devolver a quienes lo abonaron”. Señala también: “El alcalde, Claudio Garrido, lleva casi cuatro años esquivando la contestación a estas preguntas y en otras ocasiones intentando desviar el tema bien hacia el Servicio de Recaudación Provincial bien hacia la gerencia del Catastro. E intenta por todos los medios aprobar presupuestos manipulados para este año 2023 y sigue sin dar explicaciones. Algo parecido pasa también con lo que está haciendo con la adjudicación y contratación de obras menores, de lo que seguimos sin saber prácticamente nada”.