Partido Popular de Lugo

O PP presenta a José Rodríguez Fernández como novo candidato á alcaldía de Ribas de Sil

Ribas de Sil, 3 de febreiro de 2023. José Rodríguez Fernández vén de ser nomeado recentemente presidente da xestora do PP de Ribas de Sil tras o anuncio do antigo voceiro municipal, Isaac Lamas, de dar un paso atrás. Onte pola tarde, Rodríguez foi presentado como o candidato dos populares para recuperar a alcaldía do municipio. O acto, que tivo lugar no hostal Las Vegas, foi un encontro entre simpatizantes e afiliados do partido que amosaron o seu apoio ao novo representante popular. 

Na presentación participaron tamén membros da dirección provincial – o coordinador xeral, José Manuel Balseiro, o secretario xeral Javier Vázquez Nodal –  e o secretario de organización do partido en Lugo, Javier Vázquez Prado, así como alcaldes próximos á zona.

O candidato asegura que o seu obxectivo é “recuperar o esplendor de Ribas de Sil e para iso veño con moita ilusión e ganas de traballar por e para os veciños do municipio. Rodríguez é natural de San Clodio, ten 23 anos e formou parte de Novas Xeracións do PP dende fai cinco anos. Socorrista e opositor a técnico medioambiental, amósase moi ilusionado e con ganas de traballar por Ribas de Sil: “Quero facer algo por mellorar o meu pobo, que non siga indo a peor”.

O novo presidente da xestora traballará pola súa terra natal gracias a un equipo que equipo “cheo de xente nova, pero tamén con xente con experiencia e disposto a escoitar os problemas e demandas dos veciño de Ribas de Sil”.

XUVENTUDE PARA UN CAMBIO DE RUMBO

A dirección provincial amosa o seu agradecemento polo compromiso de Jose Rodríguez e destaca “a crecente implicación de xente nova co proxecto do Partido Popular da provincia de Lugo” que se pon de manifesto coa integración de mozos e mozas nos órganos de dirección das distintas agrupacións locais da provincia.

Balseiro destaca que “o concello necesita un cambio de rumbo político, tanto na xestión coma nos seus políticos”. Por iso, desde a dirección confían nun candidato moi novo para poder revitalizar o municipio e facer un cambio en beneficio de Ribas de Sil.