Partido Popular de Lugo

Carlos Veiga anuncia que, «por motivos persoais» renuncia a repetir como candidato nas vindeiras municipais

Meira, 3 de febreiro de 2023. Carlos Veiga vén de comunicar á dirección provincial a súa decisión persoal de non repetir como candidato do Partido Popular á alcaldía de Meira nas vindeiras eleccións municipais.

Veiga é concelleiro dende o ano 2019 e continuará ata o remate deste mandato como voceiro do Grupo Municipal Popular exercendo o seu labor como edil e atendendo ás responsabilidades como representante dos veciños na corporación municipal. Nese sentido, traslada o seu agradecemento aos veciños polo seu apoio e ao Partido Popular da provincia pola confianza que depositaron nel durante estes anos.

A dirección provincial amosa o seu agradecemento polo seu traballo defendendo os intereses dos veciños e polo seu compromiso co Partido Popular da provincia. O PP nomeará en próximas datas a persoa que se encargará de representar ao PP de Meira nas vindeiras eleccións municipais.