Partido Popular de Lugo

Katy Varela repite como candidata á alcaldía de Monforte polo Partido Popular

Monforte de Lemos, 28 de xaneiro de 2023. Katy Varela foi proclamada polo Partido Popular como candidata á alcaldía de Monforte nas vindeiras eleccións municipais. A presentación tivo lugar nunha reunión entre máis de 150 afiliados, nun acto celebrado no Restaurante Don Manuel e no que tamén participaron, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Francisco Conde, e a presidenta provincial do partido, Elena Candia, entre outros.


O vicepresidente da Xunta, Francisco Conde, resaltou o compromiso de Katy Varela con Monforte e co Partido Popular e eloxiou o proxecto que a vai levar a alcaldía. “O apoio que Katy Varela consiga nestas eleccións vai a ser decisivo para a vitoria do Partido Popular na provincia”, comentou o vicepresidente.


Francisco Conde recalcou que “Katy Varela, o seu equipo e Monforte contan e contarán co respaldo da Xunta de Galicia. Un apoio que é evidente en diferentes sectores económicos como na viticultura, o turismo, ou o patrimonio cultural, así como na xeración de emprego e na instalación de novas industrias, apostas e inversións que redundan no beneficio da capital da Ribeira Sacra”.

Pola súa parte, a presidenta provincial, Elena Candia, puxo en valor a coraxe e responsabilidade da candidata que cun equipo unido de profesionais indepedentes e valentes “enfróntase ao reto de conseguir un Monforte mellor poñendo aos cidadáns no centro”.


Candia tamén tivo palabras para o compromiso de Katy Varela co partido e con Monforte, e subliñou que “ante as propagandas do partido socialista nós gañaremos as eleccións cos importantes proxectos transformadores que impulsa o Partido Popular”.


A actual presidenta local do PP de Monforte encabezará por segunda vez a lista dos populares no municipio. Katy Varela é abogada de profesión, traballou na rede comercial de Abanca, e na actualidade forma parte do gabinete do delegado da Xunta en Lugo como asesora xurídica.

A candidata conta cun renovado e unido equipo “que presenta un proxecto comprometido con Monforte”, que traballará para recuperar a alcaldía, volver a gañar a confianza dos veciños e veciñas do municipio, dar resposta as súas necesidades e ser unha alternativa real de cara as próximas eleccións municipais.


Katy Varela destacou que afronta a reelección “con moita ilusión e con gañas de traballar para mellorar a xestión do concello de Monforte, que é a segunda cidade máis importante da provinica de Lugo”. Ademais, a popular subliñou que “non se están afrontando os auténticos problemas e retos aos que se enfrenta Monforte, como poden ser o declive demográfico e económico, a situación urbanística e o mal estado da rede de abastecemento e saneamento”.


Tamén puxo como obxectivos prioritarios a fixación de poboación nova, a integración dos emigrantes e un maior coidado aos nosos maiores, “especialmente na atención de axuda a domicilio, que nesta ciade acumula máis de cen persoas en espera de recibir o servizo”, aclarou Varela.

Retos importantes

A candidata popular insistiu que ante a actual situación na que se atopa a rede de abastecemento e saneamento da auga “este será, sen dubida, outro dos grandes eixos do Partido Popular de Monforte cando chegue á alcaldía”. Neste tema engadiu que “despois de vinte anos de deixadez a cidade do Cabe afronta contínuas roturas das tubaxes en diferentes barrios, co consabido prexuízo para veciños e negocios”.


Katy Varela puxo tamén o acento noutro reto a afrontar por parte dos populares monfortinos “a recuperación dalguns barrios que, a pesar de varias melloras urbanísticas, precisan dun plan de rehabilitación urxente, como pode ser a zona da Estación ou o casco histórico. O que reflicte a falla dun reparto ecuanime dos recursos para mellorar o urbanismo local”.


Ademais, quixo engadir que proporá a recuperación da xestión municipal en materia de Turismo que na actualidade está externalizada, “co que se pretende explotar un dos principais activos económicos que ten Monforte como capital da Ribeira Sacra”, recalcou a candidata popular á alcaldía.


Katy Varela agradeceu aos directivos do partido o seu apoio e a todos os veciños e veciñas que estiveron acompañando a súa presentación como candidata a alcaldía de Monforte.


Ao acto tamén asistiron Javier Arias, delegado de la Xunta en Lugo; Javier Vázquez Nodal, secretario xeral do PP provincial; José Manuel Balseiro,
coordinador do PP lucense; o deputado Jaime de Olano, os senadores José Manuel Balseiro, Rosa Arza e Manuel Varela, a deputada autonómica Raquel Arias, o ex alcalde monfortino Nazario Pin e alcaldes e portavoces da comarca.