Partido Popular de Lugo

O PP de Pol valora de forma positiva o programa público de formación “O Castro VIII” da Xunta de Galicia

Pol, 26 de xaneiro de 2023  O PP de Pol valorou positivamente o obradoiro dual de emprego “O Castro VIII” financiado pola Xunta de Galicia. A través da Consellería  de Promoción do Emprego e Igualdade, a administración concedeu unha axuda de 503.987 € aos concellos de Pol, Ribeira de Piquín, Castroverde, A Pastoriza e Riotorto para poñer en funcionamento este programa público de formación.

Este programa englóbase no marco das iniciativas da Xunta de Galicia para fomentar a formación e o emprego en persoas desempregadas e ademais subvenciona os gastos derivados da posta en marcha e desenvolvemento de obradoiro e dos custos de contratación das persoas mozas participantes.

A presidenta da xestora dos populares en Pol explica que “este obradoiro de emprego permitirá no concello a que persoas traballadoras e desempregadas reciban unha formación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo de utilidade pública e interese social”.

CONDICIÓNS E REQUISITOS

A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de 9 meses, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisión de experiencia profesional. Desde o inicio da súa participación no obradoiro dual de emprego, o alumnado-traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación e aprendizaxe, polo que percibirá unha retribución equivalente ao 100% do salio mínimo interprofesional e incluída a parte proporcional dunha paga e media extraordinaria.

O obradoiro ofrecerá ofrecerá catro prazas para auxiliares en conservación e mellora de montes e ocupación ou postos de traballo relacionados (xardineiro, peón xardineiro, peón forestal e traballador forestal, con ata tres candidatos por posto. Os requisitos de formación consiste en posuír a formación mínima en materias de competencias clave para poder cursar con aproveitamento os diferentes módulos formativos das respectivas especialidades, obrigatorio para poder acadar o correspondente certificado de profesionalidade.