Partido Popular de Lugo

O PP de Burela tende unha man ao goberno local para intentar buscar unha solución rápida e segura ao problema do afundimento da estrada N-642

Burela, 21 de xaneiro de 2023. O corte da estrada N-642 polo afundimento da calzada está a provocar unha situación moi difícil na comarca de A Mariña, especialmente en Burela e Foz pois esta é a estrada que permite o acceso ao municipio. A estrada N-642, que une os municipios da Mariña lucense, permanece cortada ao tráfico á altura do acceso a Burela desde Foz debido a unha focha producida polas fortes choivas caídas na zona nos últimos días.

Desde o grupo municipal popular ínstaselle ao goberno local a que xestione canto antes co Ministerio unha solución rápida e segura a este problema. O voceiro subliña que a preocupación é importante por ser. “Nós tendemos unha man ao goberno socialista para crear con urxencia unha mesa de seguridade e axilizar a búsqueda dunha solución rápida e favorable para todos os veciños e veciñas de Burela, e tamén da contorna da Mariña, pois non podemos esquecernos de que esta estrada é a principal vía de comunicación que vertebra a nosa comarca”, engade Rouco.

Esta liña de traballo e colaboración con todas as administracións é un dos aspectos que caracteriza ao PP de Burela, por iso, Rouco destaca que “o PP de Burela pon en mans do goberno local para todo aquelo que precise ante unha situación tan grave como é o acceso e saída do noso municipio”.