Monforte de Lemos, 18 de xaneiro de 2023. A supresión dos pasos a nivel do casco urbano de Monforte terá que esperar aínda máis. Así o dí o anuncio feito público por Adif para a eliminación dos memos no proceso de modernización das infraestructuras ferroviarias que, polo momento, se reducirán ao término municipal de Lugo.
A presidenta do PP de Monforte, a concelleira Katy Varela, criticou contundentemente ao rexidor monfortino, José Tomé, ante este anuncio de Adif. “O alcalde volve a incumplir o seus compromisos sobre os pasos a nivel de Monforte. É a demostración de que é un alcalde de propaganda”. Hai que recordar que en xuño de 2020, o primeiro edil de Monforte, José Tomé Roca, comunicaba en rolda de prensa o compromiso de supresión dos pasos a nivel da cidade, unha vella aspiración da capital de Lemos. Tomé daba a coñecer esta noticia de acordo con Adif para iniciar o proceso de eliminación dos pasos a nivel do casco urbano, e que serían os de Rioseco e de Juan Montes os primeros sobre os que se estaba traballando para a súa supresión, nun período aproximado de tres ou catro anos.
Varela suliña que en máis de dous anos o alcalde so respostou as preguntas sobre este problema “con excusas peregrinas”, sin facerse eco dunha importancia carencia de seguridade e unha vella demanda de Monforte e dos monfortinos, e a agora esto é a mostra da súa “nefasta xestión”.
A portavoz do Partido Popular monfortino engade que a presencia dos pasos a nivel na cidade “é un problema cidadán que vai máis alá do político e que, polo que se ve, nos interesa a todos os veciños menos ao alcalde”.
As obras anunciadas pola administración de ferrocarrís enmárcanse dentro das actuacións de mellora que se están a realizar no tramo ferroviario
Ourense-Monforte de Lemos-Lugo co obxectivo de cumprir os compromisos de Adif coa optimización das condicións de explotación comercial do trazado, en parámetros como fiabilidade, comodidade e tempos de viaxe.
As obras previstas, que deixan fora a mellora das infraestructuras ferroviarias de Monforte, inclúen a modernización e adecuación das instalacións existentes, así como a electrificación do corredor, a adaptación da electrificación existente no tramo Ourense-Monforte de Lemos e a dotación de catenaria e instalacións eléctricas ao tramo de Monforte de Lemos. Melloras que según Varela “son moi necesarias para poñer a estación de Monforte no lugar que se merece, pero xa veñen con retraso e, polo que se venta, tardarán en levarse a cabo”.
Accesos ao Porto Seco
Katy Varela denuncia tamén o deixamento do rexedor monfortino no que respecta ao porto seco, no que un paso a nivel dificulta a conexión coa N-120, “e ao que non se lle saca partido pola pasividade e escusas sen fundamento que argumenta o alcalde José Tomé, que entorpece a posta en marcha desta importante infraestrutura na que a Xunta leva investido máis de 20 millóns de euros”.
A portavoz popular monfortina destaca que dende o Goberno galego vense pedindo ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que deixe de poñer continuos obstáculos e inconvenientes para que a Xunta poda avanzar neste proxecto e garantir unha conexión do porto seco con Ourense e a Meseta.
“Hai atrancos polo modo de enlace coa estrada nacional que se prevé converter en autovía, e tamén porque reclama a eliminación dun paso a nivel de Adif totalmente alleo ao trazado previsto pola Xunta. Adif, de feito, informou negativamente ao proxecto proposto por culpa deste paso a nivel, que debería e ten que eliminar xa que é da súa competencia e conta cos medios para facelo”, explica Varela.
Ante esta situación, a portavoz popular engade que “isto denota unha xestión nefasta do goberno de Tomé na cidade de Monforte, pois en vez de presionar e colaborar na finalización dos accesos ao porto seco e así potenciar o seu uso, cun gasto de recursos doutras administracións, prefire embarcarse na ampliación do Polígono do Reboredo ocasionando un gasto maior aos monfortinos, ata o momento douscentos mil euros pola redacción dun proxecto”.
Para Katy Varela “a correcta xestión sería acordar con Adif a supresión do paso a nivel necesario para concluír os accesos ao porto seco e potenciar estes terreos como un auténtico polígono industrial de Monforte, sen ter que utilizar recursos que virían ben para arranxar outras necesidades da cidade”.
A Xunta solicitou a inclusión desta actuación entre as susceptibles de beneficiarse dos fondos europeos Next Generation.