Partido Popular de Lugo

Novas Xeracións do PP de Lugo reforzase coa constitución dunha xestora que “ven coa idea de ser un equipo activo, participativo e con moitas ganas de traballar»

Lugo, 15 de xaneiro de 2023. Novas Xeracións do Partido Popular vén de constituír a xunta xestora no concello de Lugo que preside Santiago Amedo. Deste xeito, a formación popular continúa a reforzar o seu equipo de cara as vindeiras eleccións municipais. O acordo adoptouse no marco dunha reunión celebrada na sede do PP en Lugo e na que participaron distintos membros da dirección provincial e afiliados da agrupación local.

O novo presidente da xestora leva vinculado ao partido desde 2018 cando se afiliou ao partido para formar partes de Novas Xeracións. Ademais, é fisioterapeuta de profesión e é responsable da Clínica Sar situada en Fontiñas, o que amosa a súa responsabilidade, humildade e seriedade para presidir esta xunta. Amedo presentouse ante a multitude e agradeceu aos membros da dirección provincial pola confianza depositada para ser responsable do novo equipo que formará esta xunta xestora.

Traballo e participación Por outra banda, Amedo explica que o seu obxectivo é “axudar ao partido en todo o que precisen” e formar un equipo participativo e con moitas ganas de traballar. “A idea é definir os problemas que afrontan os lucenses día a día, como a dificultade para encontrar un traballo estable, as complicacións que teñen os rapaces para emanciparse e sobre todo evitar o éxodo a outras cidades por non atopar oportunidades de traballo en Lugo” indica.