Partido Popular de Lugo

Sandra Vázquez lamenta que «a mala planificación do goberno local sobre as obras da rúa da Pravia siga prexudicando ao comercio vilalbés»

Vilalba, 12 de xaneiro de 2023. A candidata do PP de Vilalba á alcaldía, Sandra Vázquez, volve poñer enriba da mesa os prexuízos que lle causa ao comercio local a imposición da unidireccionalidade da rúa da Pravia por parte do goberno local socialista que non está a escoitar a veciños nin comerciantes. Se a mala planificación da obra por querer convertela en unidireccional por capricho dos socialistas estaba a prexudicar aos comercios da zona, aínda foi peor este Nadal -nunha das épocas de maior actividade para o sector comercial- coa zona en obras practicamente intransitable ao pasar varios días sen o asfalto da capa de rodadura. Deberíanse ter planificado as actuacións para outra época do ano que non fose en pleno inverno de forma que non estiveran en marcha durante un período de tempo tan longo que prolonga as molestias a veciños e comerciantes”.

A popular amosa a súa conformidade pola renovación das tubaxes da rúa; pero lamenta que o goberno vilalbés gaste preto de 1 millón de euros nesta obra. É por iso polo que cre aínda máis “bochornoso” que o equipo de goberno dera orde ao persoal do Concello para actuar na zona, cando a obra está adxudicada a unha empresa privada.

O COMERCIO VILALBÉS ESMORECE

“Os comerciantes advirten de que as vendas nos últimos meses descenderon entre un 35 e un 50% en relación aos anos anteriores”. A popular considera que “os comercios viven unha situación delicada que se agrava co incremento dos gastos pola crise relacionada coa guerra en Ucraína” e lamenta que o goberno local non lles estea a facilitar ningún tipo de apoio; a pesar de que o Grupo Municipal Popular propuxera en pleno a colaboración do Concello para desenvolver campañas ou algún tipo de actividade de dinamización económica”.

Ademais, “debido á mala comunicación e ao caos circulatorio pola dirección única da rúa da Pravia, os veciños das parroquias prefiren facer as súas compras e xestións noutras localidades con maiores facilidades de mobilidade”.

Vázquez cre que “estes datos poñen de manifesto que Vilalba vai a menos día a día ante a total pasividade do goberno local socialista”.